Subscribe: DIVES GALLAECIA
http://divesgallaecia.blogspot.com/feeds/posts/default?alt=rss
Added By: Feedage Forager Feedage Grade B rated
Language: Galician
Tags:
allowfullscreen frameborder  alumnos  das  dende  dos  dun  frameborder  historia  máis  nas  nos  onde  seu  súa  todos  unha 
Rate this Feed
Rate this feedRate this feedRate this feedRate this feedRate this feed
Rate this feed 1 starRate this feed 2 starRate this feed 3 starRate this feed 4 starRate this feed 5 star

Comments (0)

Feed Details and Statistics Feed Statistics
Preview: DIVES GALLAECIA

DIVES GALLAECIA



"Bitácora da Didáctica das Clásicas en Galicia"



Last Build Date: Sun, 23 Jul 2017 08:20:19 +0000

 



Daedalus et Icarus

Thu, 22 Jun 2017 22:26:00 +0000

allowfullscreen="" frameborder="0" height="352" mozallowfullscreen="" src="https://player.vimeo.com/video/222733933" webkitallowfullscreen="" width="640"> Daedalus et Icarus from Dives Gallaecia on Vimeo.



Qui fert malis auxilium post tempus dolet

Fri, 02 Jun 2017 16:52:00 +0000

Qui fert malis auxilium post tempus dolet.Phaedrus IV, 20 Nunca pensamos que esta fábula de Fedro, que xusto acabáramos de traducir en clase, tivera tanta forza para ilustrar o acontecido no MGB nas dúas últimas semanas.Esta é a crónica dos feitos, unha vez que os posos van quedando no fondo. A crónica dun magister e dos seus discipuli.MagisterXoves, 18 de maio: Xefatura de Estudos advirte da posibilidade de que os alumnos accederan a algunha conta de correo do profesorado de 2ºBAC dende os ordenadores das aulas. Anuncia unha denuncia perante a Garda Civil.Venres, 19 de maio: vólvese insistir nun correo-e na necesidade de que cambiemos os contrasinais (logo saberíamos que este correo tamén foi hackeado e exhibido como trofeo)Luns, 22 de maio: Claustro extraordinario. Se nos informa con detalle de todo o sucedido. Algúns compañeiros case non durmiron a fin de semana. Analizan a información conseguida e confírmanse todos os rumores. Alguén instalou un keylogger en todos os ordenadores de aula de 2BAC, algúns de 1BAC, 4ESO e sala de informática. Unha simple extensión do navegador. Non se necesitan coñecementos especiales de informática. Simplemente buscar extensións/complementos, teclear keylogger e elixir o que mellor nos pareza. En Chrome temos 3 á nosa disposición.Un deles presume das maravillas que podemos facer espiando á nosa parella.Javascript KeyLoggerIsn't it frustrating when you forgot what you typed into YouTube to get that awesome cat video? Or maybe you just want to spy on who your girlfriend chats with from your computer. Or maybe you just wanna hack into your friend's Facebook account *wink* *wink*O funcionamento é moi sinxelo. Unha vez instalado rexistra todo o que se teclea: nomes de usuario, contrasinais, mensaxes completas. Todo. Para ver que pescamos só temos que lanzar a extensión, pulsar unha combinación de teclas e ¡ecce omnia!O Claustro continúa. O hackeo é masivo, entraron en varias das nosas contas, no correo do Centro, no da Xunta, nos correos persoais, no Xade, nas Aulas Virtuais. Mesmo chegan a informes médicos, nóminas.E por suposto, exames.Cotéxanse días e horas de acceso e IPS. Entran nos recreos, ou cando faltan 5 minutos para entrar. Entran dende a propia aula, pero tamén dende a súa casa. Crense invisibles pero deixan moitas pegadas. Demasiadas. Hai varios identificados. A unidade de delitos telemáticos da Guardia Civil ten xa todos os datos. Eles continuarán a investigación. Estamos a falar dun delito tipificado no código penal.Esperan os meus alumnos de 2BAC. Queren darme unha sorpresa. Cóntolles o que acaba de suceder, que aínda o estou procesando. Pregúntolles se sabían algo. Din que si, que se enteraron o venres. Vemos o vídeo que me fixeron e rimos todos xuntos. Non somos conscientes de todo o que pasa.Pola tarde avaliamos. Intento, intentamos, ser xustos e obxectivos. Aínda non sabemos o verdadeiro alcance de todo.Martes, 23 de maio: chega ao correo a listaxe dos profesores hackeados. Cría que estaba a salvo, porque sempre levo o meu portátil. Pero, aiii, un día en clase de 4ESO non ía a Wifi e entrei unha soa vez no ordenador dunha aula de 2BAC. Suficiente. Estou na lista. Estamos case todos. Saben nome de usuario e contrasinal do meu correo do centro. Poden acceder a informes de Titores, a exames enviados á fotocopiadora. Empezo a lamentar ser tan descoidado.Mércores, 24 de maio: saímos na Voz de Galicia. 2º Claustro extraordinario. Saen á luz capturas de pantalla de redes sociais onde os autores dos feitos se mostran abertamente orgullosos das súas fazañas e obteñen a cambio numerosos likes e megusta. Cada vez empeza e estar máis claro que case todos, ou todos os alumnos, o sabían. Era vox populi. E dende hai moito. Meses. Hai quen di que quizais vén xa do ano pasado. Indignación xeral polas palabras do delegado do goberno na prensa, onde el mesmo da xa por resolto o caso, reducíndoo a un mero problema escolar. Despacha rapidamente o asunto cun dictame sui generis: un castigo académico "[...]



Ludi Compostellani MMXVII

Thu, 04 May 2017 14:25:00 +0000

Onte estivemos na Facultade de Filoloxía de Santiago, con motivo da segunda edición dos Ludi Compostellani, organizados por SEECGalicia.

Tivemos a sorte de poder participar na xincana mitolóxica e nos obradoiros de Ciencia, Hoplitas e escritura, e quedamos con gañas de coñecer os de cociña, moda e taboíñas micénicas.

Dende aquí queremos agradecer á organización o seu traballo e felicitalos polo resultado.

Esperamos xa a nova edición desta actividade, con máis obradoiros e máis prazas, xa que este ano quedaron esgotadas aos poucos días.

allowfullscreen="" frameborder="0" height="360" src="https://www.youtube.com/embed/F8NtOuqw32A?ecver=1" width="640">



A Anábase según Manfredi

Tue, 02 May 2017 15:57:00 +0000

Dende hai moito tempo veño empregando textos de novelas históricas ou ensaios como material didáctico para as nosas asignaturas.  E Manfredi nunca defrauda para estes cometidos.

Encadrada dentro do xénero da novela histórica máis comercial (historieta de amor chico-chica incluída),  "O exército perdido", unha recreación da Anábase de Xenofonte, ofrécenos unha gran ocasión para coñecer de xeito ameno a fabulosa aventura vivida e contada polo ateniense hai xa 2.500 anos.

Disfrutei tanto coa lectura da novela que agora estou lendo ao propio Xenofonte, comprobando con agrado como a maioría das tramas e sucesos que recrea Manfredi estaban xa no orixinal (menos Abira, claro...)

Deixo aquí unha selecta dos textos que me pareceron máis relevantes e de maior aproveitamento na aula, cunhas cuestións e actividades na última páxina.

Prosit!


allowfullscreen="" allowtransparency="" frameborder="0" height="600" scrolling="no" src="//v.calameo.com/?bkcode=000669414fc3c1b794ed8&mode=mini&view=book&clickto=view&clicktarget=_self" style="margin: 0 auto;" width="690">



El Cártel de Roma (Romae Societas)

Mon, 06 Mar 2017 20:04:00 +0000

allowfullscreen="" frameborder="0" height="360" src="https://www.youtube.com/embed/NSuZ4kuYCbs?ecver=1" width="640">



Magister et discipuli MMXVII

Mon, 06 Mar 2017 19:51:00 +0000

O Grupo de Investigación "Estudos Clásicos e Medievais" da USC organiza, o próximo mércores, 8 de marzo de 2107, o curso "Magister et discipuli - Διδάσκαλος καἰ μαθηταί"no que falaremos do día a dia nas clases de Latín, Grego e Cultura Clásica.

O curso é de acceso libre e terá lugar na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, Aula D02, de 16:00 a 19:00 horas.


allowfullscreen="" frameborder="0" height="400" id="iframe_container" mozallowfullscreen="" src="https://prezi.com/embed/uzdqdejqrpyf/?bgcolor=ffffff&lock_to_path=0&autoplay=0&autohide_ctrls=0&landing_data=bHVZZmNaNDBIWnNjdEVENDRhZDFNZGNIUE43MHdLNWpsdFJLb2ZHanI5L2hoQnFuY05MVHBSMER2V3k2Sm5uNVlnPT0&landing_sign=xMo1K9qiGm-w4m8FVaj88JCb3i_0IP6hAwYCyoYyVlE" webkitallowfullscreen="" width="550">



Democracia

Tue, 03 Jan 2017 11:53:00 +0000

Democracia é unha novela gráfica, cómic ou tebeo, publicada recentemente por Alianza Editorial, dispoñible tanto en formato ePub como en papel. Está firmada por Alecos Papadatos (autor), Abraham Kawa (autor), M.ª Isabel Soto (traductor), Alejandro Tobar Salazar (traductor) e conta cun prólogo a cargo do profesor Carlos García Gual.Estamos en Atenas, ano 490 a. C., na véspera da batalla de Maratón. O protagonista da nosa historia, Leandro, arenga aos seus camaradas para a batalla do día seguinte contra un inimigo moito máis poderoso que eles.Mentres chegan as primeiras luces da mañá, comeza a contar a súa propia vida, a vida dun home corrente, un adolescente fascinado pola pintura que pronto será requerido polo seu pai para empezar a ocuparse dos negocios da familia, o comercio de aceite. Para iso deberá acometer unha viaxe por mar rumbo ao Quersoneso Tracio, onde coñecerá a Hero, a sobriña do cliente que vai visitar, aspirante a sacerdotisa do oráculo no santuario de Delfos.Cando regresa triunfante á súa Atenas natal, é testemuña do asasinato de Hiparco, o irmán de Hipias, en plena procesión das Panateneas. Nos tumultos que se suceden o seu pai é asasinado e Leandro debe fuxir da cidade, buscando refuxio en Delfos, onde se pon ás ordes dun amigo da familia, encargado do recinto sagrado.Alí, dende dentro, pouco a pouco vai coñecendo o funcionamento do oráculo e as súas implicacións políticas, encarnadas nas astutas maniobras dun personaxe central da historia política de Grecia e do propio nacemento da democracia, Clístenes, o alcmeónida, que instrúe a Leandro na historia da súa cidade, recordando a labor política de homes como Solón ou Pisístrato e interpretando certeramente a reacción do pobo ante o que en orixe foi un asasinato pasional (Hiparco), pero que logo desencadenou a rebelión ante o Tirano Hipias.Cando regresa a Atenas Hipias xa é pasado, un refuxiado máis na corte dos persas. A cidade debátese entre varios candidatos para maxistrado principal. Leandro comeza unha prometedora carreira como pintor de cerámicas e coñece á Hetaira Dánae. Iságoras gañas as eleccións e Clístenes propón un revolucionario sistema de división dos cidadáns en novas tribos, que achegaría a estes á igualdade real ante a lei, o que finalmente provoca o ostracismo para el e todo o seu clan. Un continxente militar espartano axuda a Iságoras a manter o poder, sumándose así á forza policial escita anterior.Unha fáisca prende no pobo ateniense e comeza unha revolta que tingue de sangue as rúas da capital. Os partidarios de Iságoras e a guarnición espartana fanse fortes na acrópole. Tras o asedio da mesma, os espartanos acceden a irse e os cidadáns toman cumprida vinganza de Isócrates e os seus partidarios, aínda que este consegue escapar. Clístenes volve ser chamado a Atenas e pon en marcha o seu plan de reformas, berce dese novo réxime político que estaba a punto de nacer, a democracia. Mentres, os persas esperan na chaira de Maratón.-------------------No que respecta ao aproveitamento didáctico, a obra ofrece múltiples e variados puntos a tratar.En primeiro lugar a xeografía de Grecia. Ademais das cidades de Atenas e Esparta, e o santuario de Delfos, a viaxe do noso protagonista ao quersoneso tracio, a mención aos escitas e ao Helesponto pode dar pé a un tratamento máis amplo das colonizacións gregas. Unha actividade interesante podería ser crear un mapa que inclúa todas estas localizacións mediante a ferramenta scribble maps, que nos permite partir dun mapa totalmente en branco, no que podemos fixar puntos, debuxar zonas, etc. (titorial en vídeo)Dentro da cidade de Atenas temos o tema do urbanismo. Lugares como a ágora, a acrópole, ou o outeiro do Pynx, aparecen espléndidamente debuxados.No apartado de mitoloxía topámonos coas historias de amor de Hero e Leandro, Orfeo [...]



Pupparum certamen MMXVI

Wed, 23 Nov 2016 16:08:00 +0000

Pupparum certamen MMXVI (mannquin challenge in anglicana lingua)

allowfullscreen="" frameborder="0" height="360" src="https://www.youtube.com/embed/3DvpruWofnQ" width="640">



A transmisión da literatura grecolatina na prensa

Mon, 14 Nov 2016 18:53:00 +0000

A prensa e unha fonte inagotable de recursos para as nosas clases. Ademais dos latinismos, que nos deixan novos exemplos de uso todos os días, podemos atopar nas páxinas dos diarios excelentes materiais para a aula.Para o tema da transmisión da literatura grecolatina deixo aquí esta relación de artigos e novas, que con toda seguridade seguirá crecendo no futuro.En primeiro lugar, un artigo de El País, onde nos conta a historia duns textos recuperados a partir dun papiro calcinado pola erupción do Vesubio, a fascinante historia da Vila dos papiros.Logo temos a rocambolesca historia do roubo e posterior recuperación dunha das xoias da coroa, o códice Calixtino. Podemos lela neste artigo de El mundo, ademais de enterarnos de que é un códice e da ímproba labor de copia nos mosteiros medievais.E para códices famosos, que mellor que "O libro máis misterioso do mundo", que podemos ler no diario El País.Para saber algo máis dos tipos de letra, un factor que tamén influiu na transmisión, atopamos esta lectura, "El monje de la mala letra", tamén no diario El País, sobre a historia, o presente e o futuro da caligrafía, da man de Ewan Clayton, un personaxe entre monxe medieval e gurú de Silicon Valley.Outro factor decisivo na perda de obras literarias foron as guerras e catástrofes, que provocaron entre outros o incendio da Biblioteca de Alexandría (máis que un, varios deles...). Ben, pois aquí temos unha crónica da BBC na que nos conta o que a guerra actual do Estado Islámico está facendo cos restos arqueolóxicos de Palmira.E falando de Alexandría, por qué non considerar esta Biblioteca o Google do século II a.C.? Isto é o que propón esta entrada de CanalHistoria.Na cuestión do cambio de soportes, non está de máis volver a abrir o debate da loita entre o libro de papel e o libro electrónico, porque parece que o primeiro goza aínda dunha "mala saúde de ferro", como Churchill. Así o pensa e demostra con cifras e datos estatísticos Joseba Eola, dende este artigo de El País.As labores dos copistas nos códices que poden ser a cuna do español, "Os cartularios de Valpuesta", neste artigo de El País.E por último, para os instrumentos de escritura, a curiosa historia do bolígrafo, que resulta ser un invento moi recente, nin máis nin menos que de mediados do século XX. Lémolo na Voz de Galicia.Imaxe dun rolo de papiro da Torá | Wikipedia[...]



LLPSI - PENSA XIII-XXII para Moodle

Thu, 29 Sep 2016 15:15:00 +0000

O prometido é débeda, así que hoxe volvo ofrecer nesta entrada os Pensum A, B e C do Lingua Latina Per Se Illustrata (esta vez correspondentes aos capítulos XIII-XXII), a todos os profes que queiran inserir estas actividades nos seus cursos de Moodle.

Para iso só tedes que descargar este arquivo e logo seguir as instrucións que elaborei neste videotitorial ad hoc.

Intentarei resolver todas as dúbidas que teñades nos comentarios.

Pd: por se alguén necesita tamén os Pensum dos capitula I-XII, que publiquei nunha entrada anterior, pode descargalos dende esta ligazón.

* Imaxe de Oliver Tacke en Flickr



Theseus et Minotaurus (LLPSI, XXV)

Wed, 22 Jun 2016 08:02:00 +0000

allowfullscreen="" frameborder="0" height="360" mozallowfullscreen="" src="https://player.vimeo.com/video/171705317" webkitallowfullscreen="" width="640"> Theseus et Minotaurus from Dives Gallaecia on Vimeo.



Catalibros T1-EP2 - Gloria Victis

Thu, 16 Jun 2016 17:41:00 +0000

allowfullscreen="" frameborder="0" height="360" src="https://www.youtube.com/embed/-0RBweyixaE" width="640">



Pensa LLPSI I-XII para Moodle

Thu, 12 May 2016 18:37:00 +0000

Ola, quero ofrecer nesta entrada os Pensum A, B e C do Lingua Latina Per Se Illustrata, correspondentes aos capítulos I-XII, a todos os profes que queiran inserir estas actividades nos seus cursos de Moodle.

Para iso só tedes que descargar este arquivo e logo seguir as instrucións que elaborei neste videotitorial ad hoc.

Intentarei resolver todas as dúbidas que teñades nos comentarios.

allowfullscreen="" frameborder="0" height="360" src="https://www.youtube.com/embed/XkmNLHJyJqY" width="640">

pd: nos vindeiros días colgarei os pertencentes aos capitula XIII-XIII.




Catalibros. T1-E1. Naves negras ante Troia.

Mon, 09 May 2016 16:02:00 +0000

Comezamos na MeGaBiblioteca unha nova serie, Catalibros, e hoxe queremos presentar aquí o primeiro episodio, "Naves negras ante Troia", protagonizado por Nicolás Luna, un alumno de 4º de ESO de latín, que o ano pasado cursou Cultura Clásica.

allowfullscreen="" frameborder="0" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/g3ALrKtjUy0" width="560">



Euménides en Ourense

Sun, 17 Apr 2016 16:35:00 +0000

Como todos os anos a semana pasada estivemos no festival de teatro grecolatino organizado por SEECGalicia, esta vez no Auditorio Municipal de Ourense.

E un ano máis comprobamos como este festival segue medrando, cunha asistencia de público que supera os 6.000 espectadores. Asimesmo, parece que se van consolidando as tres sedes de Lugo, Ourense e A Coruña, ás que acoden institutos de dentro e fóra de Galicia (na representación de Ourense, Teresa Amado, alma mater da organización, deu a benvida a un instituto de Zamora)

No apartado da crítica teatral puramente dita, dicir que as Euménides (grupo "Noite Bohemia", dos IES Zalaeta / Menéndez Pidal da Coruña, dirixido por Javier Fernández Mariño), foi para min a mellor representación de traxedia que vin ao longo de todos estes anos de festival. Unha dicción impecable dos actores e unha posta en escena espectacular, como se pode ver nas imaxes, dan fe de todo o traballo que hai detrás. Pode que tamén axudara o acolledor auditorio ourensán, nada que ver coa xélida e desanxelada sala de Lugo, e o tela traballada previamente en clase. Parabéns pois a director, actores e todos os membros da Compañía.

  (image)

Da representación de "Xemelgos", en cambio, o único positivo que se me ocorre é o éxito que acadou entre os meus alumnos e algúns "gags" afortunados que se colaron en case hora e media de función. O cal sen dúbida xa é moito, pero se o que buscabamos era un recurso didáctico para entender a Plauto e a comedia latina é difícil que saíramos contentos.

Personaxes alocados, correndo sen tón nin son dun lado para outro, banda sonora de ... ABBA! Unha mestura difícil. Nun momento dado deume a impresión que nin os propios actores sabían o que dicían ou que estaba pasando en escena. Aggiornamento si, tamén o facía Plauto, pero xa postos a innovar e a poñer ao día ao comediógrafo latino, por qué non simplificar a trama e facer a historia máis comprensible para os espectadores? E intentar non sobrepasar a hora de función, que xa se sabe, bonum si breve...

Podedes ler outra crítica máis extensa destas representacións no blog Verba Volant (non podo citar ao autor ou autora da mesma porque non a firma).

Déixovos tamén unha presentación en Prezi sobre traxedia grega e Euménides elaborada por Miriam Sánchez (Latina vivente), unha alumna de máster á que teño o pracer de dirixir no practicum II.




Apóstata

Mon, 28 Mar 2016 11:35:00 +0000

Estamos no ano 355 d.C. Trala reunificación do Imperio e a adopción do cristianismo como relixión oficial, o emperador Constantino fai de Bizancio a nova capital, que agora pasa a ser coñecida como Constantinopla. A súa morte no 337 provoca unha serie de guerras das que sae vencedor o seu fillo Constancio.Os perigos están por todas partes. No Oriente, os persas, baixo o mandato do rei Shapur; en Occidente, os alamáns, un pobo xermánico liderado polo seu rei Chonodomario, causan estragos no continente europeo.Constancio chama ao seu primo Xuliano a Mediolanum para nomealo César de Occidente, un regalo envelenado, xa que o novo emperador terá como principal cometido frear as invasións bárbaras que azoutan as provincias de Belgica, Germania e Galia...Con guión e debuxo do belga Ken Broeders, esta historia nos vai transportar a un Imperio en perigo, ameazado, lonxe xa da súa grandeza. No medio do xogo de alianzas, conxuras e espías da corte, seremos transportados a unha época onde todo está en cuestión, dende as fronteiras ata os mesmos deuses.Chonodomario saquea e destrúe Colonia Agrippina. Xuliano entra triunfante en Vienna. Nas beiras do Éufrates, Constancio da por terminada a súa campaña contra os persas, ante o estupor dun xove Amiano Marcelino, por aquel entón oficial no exército. A Galia sofre as continuas invasións dos alamáns. Xuliano resiste na Civitas Parisiorum, antiga Lutecia. En Constantinopla, o emperador recela dos éxitos do seu primo.Ademais dos acontecementos históricos e a xeografía, a lectura desta obra preséntanos unha panorámica de varios aspectos da Antigüidade susceptibles dun aproveitamento didáctico cos nosos alumnos.A relixión oficial nestes momentos, un cristianismo violento que gañou forza tras erradicar aos partidarios de Arrio, empeza a ser cuestionada polo propio César, que admira o poder de Helios e dos vellos deuses, que cre no retorno dun mundo pagano, onde convivan todas as relixións e deuses, e vive como un asceta repartindo o seu tempo entre as obrigas do cargo e os seus estudos. Hai oco tamén para as supersticións, a maxia, o misterios e os sacrificios humanos, de man dunha falsaria vidente, Placidia, e da nena bruxa. Ademais, en varios momentos da historia son citados outros deuses como Mitra ou Hades.Podemos asomarnos e contemplar como serían as viaxes (carros, vías de comunicación), a casa romana, moi ben debuxada nas súas partes (atrium, triclinium, peristylum, tablinum), a educación (cos útiles de escritura, tabulae ceratae, volumenes, stylus et calamus, ou a alusión aos mestres gregos de Xuliano), a medicina (o personaxe do grego Oribasio de Pérgamo) e a sexualidade (dende as sospeitas que recaen ao comezo sobre os gustos de Xuliano, ata o pérfido Trimalción ou o ambiguo Oribasio).O autor non se pode resistir a usar nomes ben coñecidos polos amantes da Antigüidade Clásica, e así, ademais dos personaxes históricos xa citados, teremos a un Salustio (oficial militar), e a un Trimalción (rico corrupto).En resume, unha obra altamente recomendable e cun gran aproveitamento didáctico nas aulas.Apóstata, volumen 1Ken BroedersYermo EdicionesMáis reseñas desta obra aquí e aquí[...]



Magister et discipuli // Διδάσκαλος καί μαθηταί

Tue, 08 Mar 2016 07:49:00 +0000

Magister et discipuli // Διδάσκαλος καί μαθηταί

Clásicas na aula

  • O día a día nas clases de latín, grego e Cultura Clásica.
  • Ferramentas e estratexias do profesor.
  • O traballo dos alumnos.
  • Elaboración e publicación de materiais. Espazos na rede.
Mañá, no marco do máster de grado en Filoloxía Clásica e invitado por Cecilia Criado, falarei sobre o meu traballo diario na aula, as ferramentas que utilizo e as que utilizan os meus alumnos, os nosos espazos web, estratexias, ideas, tarefas, actividades, e todo o que se me ocurra no momento.

Trala disertación, que espero sexa breve ou alomenos así o perciba o auditorio, faremos un pequeno obradoiro onde "fedellar" con todo o visto anteriormente.

A asistencia é libre.

FACULTADE DE FILOLOXÍA DE SANTIAGO.
16:00 HORAS. 4º PISO. AULA D02
MÉRCORES 9 DE MARZO





Gañadores de Odisea 2016 no MGB

Wed, 17 Feb 2016 16:34:00 +0000

Hoxe no segundo recreo tivo lugar a entrega de premios do concurso de Cultura Clásica Odisea 2016. Os gañadores do MGB foron os equipos seguintes:
  • 1º clasificado: VDECARBALLO (Lucía Vázquez, Lucía Sanmartín, Paula Durán 2º BAC C)
  • 2º clasificado: VITA MILITIA (Soraia Domínguez, Nerea Sanmartín, Carla Ferrero 2º BAC C)
  • 3º clasificado: εν τω κατω κοσμω (Ana Sayáns, María Somoza, Mariña Pena 1º BAC C)
Aínda que finalmente ningún equipo puido pasar ao desempate temos que salientar o gran traballo realizado, xa que só unha grafía incorrecta nos privou de estar entre os mellores de Galicia. Intentaremos mellorar o resultado para a próxima edición.




Gloria Victis, "El precio de la derrota"

Sun, 10 Jan 2016 09:21:00 +0000

Está xa nas librarías o segundo volume da saga "Gloria Victis", (que xa comentaramos nesta entrada hai uns meses), firmado, como o anterior, por Juanra Fernández (guión), Mateo Guerrero (debuxo) e Javi Montes (color).

(image)
Aelio, convertido nun home, volve pisar a area que viu morrer ao seu pai. Alí revive inevitablemente os recordos que cambiaron a súa vida, á vez que se intensifican os seus sentimentos amorosos cara á fermosa Fabia. Os cabalos son agora a súa única familia, e sobre un carro convértese no gran auriga que foi o seu pai.

En liña co episodio anterior, cunha reconstrución histórica máis que digna, podemos asomarnos ao mundo das relacións entre dominus (mellor dito, domina) et servi,  dos gladiadores e aurigas profesionais, da relixión e dos ritos funerarios.

Temos ademais unha escena de carreiras de carros que nos recorda, como non, á da película Ben-Hur, aínda que cun final diferente, que deixa as espadas en alto para a seguinte entrega, na que se vislumbran os xogos de Narbo, a cita previa para a gran competición no circo máximo de Roma...



A tarde da estrea

Tue, 08 Dec 2015 11:21:00 +0000

A tarde da estrea é un extracto da novela histórica de Santiago Posteguillo, “Africanus, el Hijo del Cónsul”. Ed. B. Barcelona, octubre 2008. Págs: 504-530, realizado exclusivamente con fines didácticos no ámbito escolar.

Nas súas páxinas nárranse, de boca do propio dramaturgo latino, as interioridades que acompañan á representación inaugural da Asinaria de Plauto.

Os problemas entre actores e compañías, o lugar e data da representación, o contexto histórico (sempre baixo a sombra de Aníbal), o tipo de público asistente, os personaxes e a trama da obra, o método de traballo de Plauto e ata a problemática do seu nome e a súa vida.

Todos estes temas podemos atopar nas 19 páxinas seguintes. Na última, 14 preguntas para que os nosos alumnos poidan demostrar os seus coñecementos sobre Plauto e o teatro latino.
class="scribd_iframe_embed" data-aspect-ratio="0.7080062794348508" data-auto-height="false" frameborder="0" height="600" id="doc_30265" scrolling="no" src="https://www.scribd.com/embeds/292611807/content?start_page=1&view_mode=scroll&access_key=key-WdypRokzYTRm582L3KUJ&show_recommendations=false" width="100%">



Gamifica, que algo queda!

Fri, 20 Nov 2015 21:56:00 +0000

Hoxe, no segundo recreo, tivo lugar na Biblioteca do MGB o I Certamen Kahootiense, con gran éxito de participación e de público.Esta ferramenta, que coñecín grazas ao blog de Margalida, permite realizar sinxelos cuestionarios tipo test que, unha vez proxectados na pantalla do canón, poden ser respondidos polos alumnos dende os seus teléfonos móviles, que neste caso funcionan como simples mandos a distancia cos que seleccionan a resposta mediante unhas iconas de cores.Cando comeza a proba, na pantalla móstrase un pin que o alumno debe teclear no seu móvil. Logo deberá elixir un alias para o concurso e inmediatamente o nome elixido móstrase na pantalla xunto co do resto de participantes.O profesor entón lanza a primeira pregunta, os alumnos contestan, e na pantalla aparece unha gráfica cos acertos e os erros. Logo sae a clasificación dos participantes, na que contan tanto os acertos como o tempo empregado en responder. Segue entón a segunda pregunta e así sucesivamente ata chegar ao final (normalmente se aconsella empregar unhas 20 preguntas)Probara xa con gran éxito esta actividade nas clases de Cultura Clásica, pero hoxe, con todos os alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica do Centro, competindo xuntos por este doce podium, o resultado foi aínda máis satisfactorio.A excusa de hoxe era a preparación da excursión que o vindeiro martes faremos á Via Nova e o campamento de Aquis Querquennis, pero pode facerse en calquera momento e sobre calquera tema.Para realizar un destes cuestionarios o profesor debe rexistrarse nesta páxina e comezar a crear tantos cuestionarios como desexe. A edición de preguntas e facilísima e podemos engadir imaxes de fondo simplemente arrastrándoas.Os alumnos concursan dende esta outra url, onde se lles pide o pin que logo sairá na pantalla do canón.Hai xa moitos Kahoots creados por outros profesores que podemos aproveitar, aínda que non custa nada crear un novo que se axuste mellor ás nosas clases.Deixo aquí uns exemplos:Via Nova e Aquis Querquennis, e o exército romanoPersonaxes da Guerra de Troia (para Cultura Clásica)Historia de Grecia para Cultura ClásicaLLPSIpd: esta páxina describe con máis detalle o proceso de rexistro e creación dos cuestionarios e ademais contribúe a aumentar perigosamente o noso vocabulario con un palabro cool onde os haxa, un pérfido híbrido anglolatino. Resulta que a isto chámaselle "gamificar", polo que todo o aquí descrito responde a un intento de "gamificación" das nosas asignaturas, pasando agora a convertirnos en profes "gamificadores". Así que "Gamifica e vencerás", ou "Gamifica, que algo queda!". Game over! (Ludus confectus!)[...]



Lillus Maximus (et minimus)

Wed, 18 Nov 2015 18:13:00 +0000

Na tarde de onte, nun obradoiro didáctico organizado dende SEECGalicia na Facultade de Filoloxía de Santiago, tivemos a oportunidade de desfrutar como gladiadores e amanuenses baixo a implacable batuta do arbiter Lillus Maximus, ben axudado nas bandas por outro integrante da saga (neste caso, Lillus Minimus).
Despois do oportuno iuramentum (uri, vinciri, verberari, ferroque necari!), Fernando percorreu con nós o fascinante mundo dos gladiadores romanos. Aprendemos sobre a súa dieta, os tipos de loitadores, as súas armas e técnicas de combate habituais, a morte e ritos funerarios, e desmentimos algún tópico que outro, que tanto éxito tivo nas pelis e novelas de rigor.

Logo chegou o turno da escritura, onde puidemos deixar testemuño das nosas habilidades co calamus, escribindo en papiro algunha pasaxe da Odisea. É este un obradoiro que se pode realizar con facilidade nas aulas dos centros, xa que o material pode conseguirse con facilidade e non representa un gran custo económico (cousa que non pode dicirse do anterior, xa que, como nos confesaba Fernando, só un casco custa arredor de 200 euros, unha cifra impensable co presuposto que temos nos instis)

E aínda que estamos aínda moi lonxe dese moderno Faro de Alexandría que é para os profes de Clásicas a Domus Baebia, quizais sexan estes uns primeiros pasos na boa dirección para conseguir algo semellante nun futuro na Gallaecia.



2015, un ano de novidades para os estudos indoeuropeos

Thu, 01 Oct 2015 16:51:00 +0000

Ao longo deste ano 2015 foron varias as novas aparecidas en prensa que facían mención ás últimas investigacións levadas a cabo sobre as migracións indoeuropeas.

Tomando como base dous artigos publicados na UAB e no diario El País, elaborei estas 4 pequenas cuestións para que os nosos alumnos exerciten un pouco a súa capacidade de comprensión e síntese.

Espero que vos poida ser de utilidade.

class="scribd_iframe_embed" data-aspect-ratio="undefined" data-auto-height="false" frameborder="0" height="600" id="doc_67602" scrolling="no" src="https://www.scribd.com/embeds/283351700/content?start_page=1&view_mode=scroll&show_recommendations=true" width="100%">



Ler grego é fácil (cuestionario para moodle)

Fri, 18 Sep 2015 17:19:00 +0000

Pois si, ler grego é fácil, é moito máis se para iso nos acompañamos da presentación de Ana Ovando do mesmo título, que leva xa máis de 200.000 visitas dende o ano 2007 (por algo será...)

allowfullscreen="" frameborder="0" height="355" marginheight="0" marginwidth="0" scrolling="no" src="//www.slideshare.net/slideshow/embed_code/key/x6TH5fXEeN45Fa" style="border-width: 1px; border: 1px solid #CCC; margin-bottom: 5px; max-width: 100%;" width="425">

Como sabedes tod@s os que en algunha ocasión a tedes utilizado na aula, a medida que van transcorrendo as diapositivas coas letras gregas se van introducindo cuestións referidas á mitoloxía, xeografía ou personaxes célebres da Antigüidade grega e romana.

Ben, pois tomando como base ditas cuestións elaborei un cuestionario de 19 preguntas para incluír no noso curso moodle. Hai preguntas de resposta breve, de escolla múltiple, etc, todas elas acompañadas dunha ilustración.

O arquivo onde se recollen estas preguntas podedes descargalo dende esta ligazón.

Neste videotitorial se dan as instrucións necesarias para realizar a importación do cuestionario ao noso curso moodle.

Espero que vos sexa de utilidade nestes primeiros días de alfabeto!

salutem plurimam omnibus!






Docs de axuda para as novas programacións LOMCE

Mon, 14 Sep 2015 08:31:00 +0000

Deixo aquí uns documentos que poden axudar á hora de redactar as novas programacións das nosas materias segundo as directrices da LOMCE.

En primeiro lugar van as separatas do Decreto (DOG 29 de xuño de 2015), unha para cada asignatura:


Logo as instrucións proporcionadas pola Consellería para elaborar as programacións didácticas (DOG do 29 de xullo 2015)


E para rematar, o texto do decreto, separado por asignaturas, nun documento de Google Drive sen columnas nin palabras cortadas por guión, para que sexa máis doado copiar e pegar nas nosas programacións
Bo comezo de curso para tod@s e sorte mañá cos horarios e grupos!