Subscribe: As Crónicas Prusianas
http://ascronicasprusianas.blogspot.com/feeds/posts/default
Added By: Feedage Forager Feedage Grade B rated
Language: Galician
Tags:
algo  aquí  así  aínda  berlín  cando  cousas  das  dos  está  hai  meu  miña  máis  nos  son  tamén  unha 
Rate this Feed
Rate this feedRate this feedRate this feedRate this feedRate this feed
Rate this feed 1 starRate this feed 2 starRate this feed 3 starRate this feed 4 starRate this feed 5 star

Comments (0)

Feed Details and Statistics Feed Statistics
Preview: As Crónicas Prusianas

As Crónicas Prusianas





Updated: 2014-10-14T23:09:43.025+02:00

 



fins

2007-07-19T15:29:08.005+02:00

Comeza a tempada de fins. Hoxe tiven a miña derradeira..., chamémoslle reunión de traballo cos meus subordinados. Vou seguir neste choio aínda un par de meses, pero a partir de agora o traballo será individual e máis espaciado, para ir fechando as poucas frontes que quedan abertas.

Os subordinados deste ano, coma sempre, xeniais. Unha chegou tarde porque quixera facer un bolo de mazá, receita familiar de área plattdeutsch, para a ocasión. O bolo aínda viña quente. Felicitámonos todos por ternos coñecido en circunstancias tan excepcionais (para min moito máis excepcionais ca para eles, non imaxinan canto) e acabei cunha sensación de grande satisfacción.

Agora non sei exactamente o que sentir. Penso que teño medo.



funny tamén es ti, muller...

2007-05-24T13:41:34.461+02:00

(image)
Non me pregunten como dei con isto. Pero fedellando no Flickr dei cunha serie de fotos feitas por unhas "oh-my-God-girls" americanas. Estiveron uns días por Galiza, aprendendo uns puntos de muiñeira, bebendo queimada e dando unha volta por Santo André de Teixido, Betanzos, A Coruña (onde chegaron mesmo a engatar con Castelao), Vilagarcía e Santiago, esas cousas que fan os turistas. E cando chegaron á Porta Faxeira, repararon nun detalle. Atención á foto e, sobre todo, ao comentario.
:-D



a propósito de Alhaurín

2007-05-15T09:43:52.284+02:00

Hai uns meses estaba eu todo tranquilo no meu despacho dándolle ao teclado. De repente, a miña compañeira de despacho, que é española e debía de estar lendo nese momento algún xornal dixital, espetoume:-¿Y a ti qué te parece lo de De Juana Chaos?A miña relación con ela é do máis correcta, superficial e cordial. Non temos practicamente contacto fóra do traballo, pero levámonos ben.-Pues la verdad es que intento mantenerme todo lo que puedo al margen de esas noticias. No creo que le aporte nada a mi vida, la verdad, así que procuro enterarme lo menos que puedo.O feito é que lle respondín así porque non quería pegarlle un corte en condicións, tipo "me importa un bledo y te agradecería que me mantengas al margen de la actualidad mediática que te impone Madrid". Calquera das dúas opcións teñen un tanto de esaxeración, supoño, pero iso non é o que vén ao caso. Das dúas preferín a máis contida, correcta, esas cousas. Penso que non funcionou. O silencio do escritorio só se rompeu 20 minutos máis tarde, cando me preguntou:-¿Quieres más té?Unha das vantaxes máis de agradecer que ten vivir en Alemaña é non estar baixo o teito de España, dispensando as súas caras. E iso onde se nota a cotío é nos medios de comunicación e na cultura popular que transmiten. Incluso aquí é imposíbel non enteirarse do proceso reprodutivo da familia real, que sae até na tele do metro, pero todo ese barullo que intúo a distancia nos telexornais españois queda aquí reducido a uns poucos e levísimos ecos. Pola mesma, aquí tamén me podo evadir de saber quen está no top das españoladas musicais máis cutres e, asemade, de pensar que Joaquín Sabina é Deus, e Andrés Calamaro e Jorge Drexler os seus apóstolos. Todo iso, aquí, non existe. Xenial, non?Así que hai uns cantos meses, ou xa case haberá un ano, cando comezaron a arreciar as treboadas de bandeiras españolas nas rúas de Madrid, decidín aproveitar estas vantaxes de xeito máis decidido e ignorar consciente e meticulosamente todas as seccións de "España" dos medios que leo. Dedícome a ler o que me conten de Galiza, e para o demais, uso outras axendas mediáticas, non menos dirixidas, pero moito máis inocuas para o meu fígado.Evidentemente, é complicado manterse á marxe do que acontece con España, ese gran concepto. Sexa polas hordas de españois que invaden Berlín, sexa por informacións que se acaban coando nas seccións de Galiza, sexa por queridísimos amigos con boa intención que me mandan os últimos chistes publicitarios que arrasan en España (ou sexa, en Santiago, Sarria, Vigo, Lalín, A Coruña, etc.), a un sempre lle acaban chegando cousas. E despois están as reprensións de quen sabe que estou facendo isto: "iso é unha forma de ignorancia coma outra calquera", dinme uns, "o que pasa en España aféctalle de maneira directa ao que pasa en Galiza", dinme outros, "¿quieres más té?", dinme outros.Eles o que non saben é o tranquilo e feliz que son por ese lado, sen saber canto pesa a última filla de Letizia Ortiz, cantos cidadáns piden a liberación de Isabel Pantoja ou cantos católicos están en contra dos matrimonios entre Pepe e Paco. E si, seguro que todos os que me reprenden teñen (a súa) razón. Pero eu, da mesma maneira que agora non son capaz de deixar de votar pero aspiro, cando sexa vello e sabio, a ser anarquista, polo de agora non son capaz de deixar de ler os xornais, pero aspiro a non perder o tempo con eles e ler cousas máis edificantes.E por algo hai que ir empezando. [...]



o meu heroe

2007-05-10T16:11:38.098+02:00

Co que me gusta a min a meteoroloxía. Se cadra aí é coñecido, e hai cousas que non entendo (que é iso do alcalde de... Laurín?), pero en xeral esperréchome. Supoño que a Antón Reixa, que tamén ten unha pública e coñecida obsesión con isto de falar do tempo, tamén lle gustará esta leveza na información meteorolóxica.
(object) (embed)



Skizo e a leitada

2007-05-09T17:14:36.793+02:00

m)alicia envíame unha ligazón a un vídeo do YouTube francamente mítico. E fedellando por alí aparece estoutra xoia do porno gai amateur galego. Cando se decidirá Bel Ami a deixar Eslovaquia e rodar por lares máis occidentais?

Non perdan o gran momento de clímax: na cara, na cara, na cara...

(object) (embed)



cansei de ser sexy

2007-04-16T14:39:32.455+02:00

(image)

Xoves pasado, concerto de Cansei de ser sexy no Maria am Ostbahnhof. Estas rapazas/rapaz son moito. Ao pouco de comezaren, éxtase colectiva co temazo Alala.

(object) (embed)

(...)
A la la, a la la
I'm so worried
I bought that posh clothing
But it still looks ugly
A la la, a la la
Am I stupid?
I'm doing the talking
But I don't get nothing
A la la, a la la
Alguém me avisa
Quando é bom parar
De fazer a íntima
A la la, a la la
You're so cool
Can I be your friend?
I'll drive it till the end



En definitiva, un concertazo. O que non entendo é por que non cantaron o mellor dos seus singles: Superafim. Tampouco sei por que non hai unha versión decente no Youtube, aínda que esta é impagábel:
(object) (embed)

Ontem quando eu acordei, ai, eu tava tão cansada
Eu me olhei no espelho e me lembrei de quando você falou que não me suportava...
Mas na verdade eu também nunca te aguentei
Por muito tempo então nem sei porque me preocupei
Vê se me esquece, eu cansei,
vê se me esquece, eu cansei.

Mas, agora que eu cresci eu sou sereia e não te quero mais aqui
Me tornei uma mulher ousada e de você não quero mais nada
Agora vê se se toca que eu me toco também
Eu sou sereia e não preciso de ninguém
Vê se me esquece, eu cansei,
vê se me esquece, eu cansei.

VINIL, BAGUETE,
PELICA, ME ESQUECE,
CHIC, AGRESTE,
SuperafimSuperafimSuperafim de mim

SAPATÊNIS, BOLSINHA,
LUVINHA, VOCÊ,
LESBIAN, SAPACAXA,
SuperafimSuperafimSuperafim de mim

Sapatênis de vinil
Bolsinha baguete
Luvinha de pelica
Você não me esquece
Lesbian Chic
Sapacaxa do agreste
SuperafimSuperafimSuperafim de mim

Sapatênis de vinil
Bolsinha baguete
Luvinha de pelica
Você não me esquece
Lesbian Chic
Sapacaxa do agreste
SuperafimSuperafimSuperafim de mim



máis decorados

2007-04-13T22:24:44.721+02:00

Chego a Berlín tarde e moi cansado. Como aterrei en Schönefeld, a perspectiva dunha hora de metro para chegar á casa aínda me cansa máis. Levo un aspecto algo esfarrapado, estou moreno do sol, barbudo e algo pastoso, porque levo todo o día tirado por Atenas e porque antes diso pasei a noite tirado no chan enmoquetado dun barco, soportando a retransmisión por megafonía da misa ortodoxa de Venres Santo que se celebraba na capela de a bordo.

Cando sae a miña mochila cólloa baixo a mirada atenta da ringleira de policías alemáns que hai na porta de saída. Ao chegar onda eles baixo a mirada instintivamente e un deles córtame o paso.

-Sprechen Sie Deutsch?
-Ja.
-Ten a cidadanía alemá? (encántame a fórmula retórica de preguntarmo: deixa claro que non encaixo no seu etnotipo).
-Nein, ich bin Spanier.
-Pero vostede vén de Atenas, non?

Está claro que as viaxes entre dous países que non coinciden co do teu carné están mal vistas neste puto continente. Xa unha vez me pasara algo así: indo de Berlín a París o tipo de facturación deulle mil voltas ao meu carné e á miña vida até que ao final mandoume levar a miña mochila (a que ía facturar!) a pasar por unha máquina de raios X que manexaba un policía nunha sala próxima. Só despois puiden facturala. Que carallo pasa? Seica non podo voar de Suecia a Malta sen que me ameacen cun tacto rectal?

-Veño, si.
-Podo ver o seu DI español?

Hoxe é o día estrela do meu carné... E aínda ben que o encontrei; a ver como lle ía explicar a este tipo que ademais de ser español e non vir de Madrid, a miña identificación consiste nun cartón rosa e nun par de fotocopias plastificadas...

-Ja, natürlich.
-Vive aquí?
-Vivo, si. Desde hai catro anos.
-En Berlín?
-Si.
-Fala moi ben para levar catro anos...
-Grazas.

Está claro que a fonética é o meu forte. Como me pida que lle decline un par de adxectivos vaille cadrar todo moito máis.

Ao meu arredor, os outros pasaxeiros pasan libremente pola zona de "UE citizens". O policía mira o meu carné do dereito e do revés, mira para a foto e despois para min, que non podo conter o sorriso nervioso. Temo que me diga algo da foto, porque estou o dobre de moreno, teño barba de varios días e levo postos os lentes. E a verdade, noutras circunstancias sería diferente, pero hoxe non me apetece nada o da luva de látex, reláxese e todo irá máis rápido, etc.

Parece que estou de sorte: despois dun bo anaco de inspeccionar o meu carné, pásalle unha especie de escáner á zona de lectura óptica, devólvemo e dime a frase máxica do día.

-Kommen Sie gut nach Hause.

Que non o traduzo, aínda que non se entenda (é algo así como "chegue ben á casa") porque é unha desas fórmulas rituais de cortesía que manteñen os alemáns para acabar os diálogos máis impersoais, como "schönen Tag, noch", e cousas desas.

Se vai ser así, case prefiro que nos esixan levar o pasaporte e que nos poñan carimbos. É máis estético e ten ese valor testemuñal das dificultades de pasar unha fronteira. Aínda que sexa intra-Schengen.



Schengen e outros bonitos decorados

2007-04-13T21:46:16.583+02:00

Chegamos moi cedo ao Pireo tras pasar toda a noite nun barco que saíu de Hania, Creta. Teño toda a mañá libre en Atenas, o avión sáeme pola tarde para Berlín. Busco un sitio onde deixar a mochila, que acaba sendo unha axencia de viaxes con servizo de consigna moi perto de Sintagma, a praza da Constitución. Como é Sábado Santo, advírtenme que só teñen aberto até as 18:00h. Todo ben. Tal como me piden, déixolles o meu billete de identidade para me comprobaren os datos persoais e líbrome dos 10 quilos que pesa todo o que levo ás costas.

Pasamos o día dando voltas pola cidade, onde se vive unha primavera que para min xa é verán. Despois de xantarmos botamos unha soneca nos xardíns do Museo Arqueolóxico Nacional e sobre as 17:00 imos pola axencia para recoller a miña equipaxe. Despídome dos compañeiros de viaxe, que teñen o avión para Stuttgart ao outro día.

Chego ao aeroporto unha hora despois. Póñome na fila para facturar, e cando falta pouco para que me toque, collo o papel co meu localizador de voo e abro a carteira para coller o DI. Non está.

Póñome nervioso. Tento pensar. Busco na faltriqueira que levei baixo a roupa toda a viaxe coas cousas máis importantes e alí tampouco está: só encontro a VISA e unhas fotocopias plastificadas do DI e do pasaporte, que fixera para ir ao Brasil e xa quedaron aí metidas.

Saco as fotocopias e mais o carné de conducir, que á fin e ao cabo tamén é un documento oficial: xa me toca. Explícolle a miña vida á señora. Non teño tempo de ir e volver ao centro para recuperar o documento, e ademais a axencia xa está pechada. Pero aquí está o de conducir, etc. Non, non fixen denuncia na policía, acabo de decatarme de que non o teño. Como? Non, non vou voar a Madrid, vou para Berlín. Si, espero.

Un par de mostradores máis alá, vexo como a coordinadora nin sequera o pensa. Nega coa cabeza enerxicamente e mándame a tipa de volta. Síntoo moito, pero non pode voar. Podémoslle mudar a data do voo para outro día, se quere.

Suplícolle en alto á coordinadora, que me responde desde lonxe case sen mirarme. Señor, díxenlle que non! Non vai voar connosco. Quero os seus documentos reais, entón pode voar.

Vólvome centrar na tipa do meu mostrador, que parece máis razoábel. Síntoo, pero o carné de conducir non serve, non (non me estraña, como nos poden facer pensar que un cartón rosa cunha foto grampada pode ter algún valor identificativo...!). Ademais, se voase ao seu país sería diferente, pero vai voar a un país estranxeiro.

Aí quedo flipado.

-Pero eu levo catro anos e medio vivindo en Berlín!
-Ten algún documento que o probe?
-Non -penso que no meu pasaporte teño metido o permiso de residencia até 2007, pero non trouxen o pasaporte: á fin e ao cabo era unha viaxe pola Unión Europea!
-Pois non pode voar.

Saio da fila para reflexionar. Non me queda máis remedio que volver a Atenas e poñer unha denuncia se quero voar mañá. Do contrario tería que esperar até o martes, porque non creo que a axencia de viaxes onde deixei o DI abra o luns de Pascua.

Boto a man ao peto esquerdo do pantalón para coller o móbil e comunicarme cos colegas que aínda andan polo centro. Encóntroo. Non deixei o DI na axencia, tíveno no peto todo este tempo, ao ladiño do teléfono.

Cinco minutos despois de saír do mostrador, vólveme tocar. Afortunadamente tócame con outro fulano e a coordinadora non me ve. Danme o cartón de embarque.

Respiro.



Creta

2007-04-05T20:10:47.228+02:00

Baixamos de Xiloskalo, na boca das fouces de Samaria, cara a Hania. Ao pasar Lakki chegamos a un val completamente cuberto de laranxeiras en flor. Abrimos as xanelas e o arrecendo é imposíbel.

Todo ben. Estou no paraíso.



Mar Exeo

2007-03-29T19:50:59.953+02:00

No caos do Pireo, un axente de viaxes métenos gato por lebre e prométenos unha viaxe brevísima ao noso primeiro destino insular. Despois de case desesperar, o barco déixanos en Paros perto da medianoite. Todo na noite, absolutamente todo, arrecende a unha mestura de piñeiro e flor da laranxeira.
Na seguinte illa, Naxos, o dono duns apartamentos ofrécenos aloxamento á saída do barco. Imos no seu coche e explícanos que aqueles que fan ruído do peirao "son tres idiotas que se opoñen á ampliación do porto, coa falta que nos fai...". Calamos, pagámoslle ao que consideramos o marulo máis grande da illa, e para compensar unímonos á manifa coas vellas de negro, os estudantes do instituto e os outros milleiros de idiotas.
Ao outro día, liscamos a Santorini.



komboloi

2007-03-29T19:42:42.520+02:00

(image)



Atenas, ao contrario do que absolutamente todo o mundo comentaba, acaba sendo un lugar acolledor. Paréceme unha típica cidade do Mediterráneo, pero sen as partes nobres que teñen outras. É certo que aquí o tráfico acaba por invadilo todo, pero o contraste con Prusia fai que isto non me moleste tanto.




Aprendemos unhas poucas palabras en grego, e como a fonética é tan fácil para nós, quedámonos rápido con camareiros e dependentes. Un efgharistó por aquí, un paracaló por alá e xa nos están convidando a augardente branca. Para mellorar aínda máis a integración, cumpro unha das miñas ilusións: merco un comboloi.



Ατενας

2007-03-22T20:04:26.965+01:00

Chove a pichés en Atenas. Temos que desistir de subir á Acrópole e mudamos os plans para visitarmos o Museo Arqueolóxico Nacional, quentiños e a cuberto. Están todas esas cousas dos libros de arte. Non sabía que me lembraba de tantas cousas, pero só con entrar, na primeira vitrina, xa a saco das profundidades da memoria: "a máscara de Agamenón!", bérrolles aos outros. A partir de aí xa todo lle vai soando a un, máis ou menos. Pero non se lle pode atribuír todo aos libros de texto. Hai outras fontes que teñen moito que ver con esta familiaridade.



Γρεθηα

2007-03-22T19:53:45.811+01:00

Saio do avión. Reparo no primeiro sinal que vexo no aeroporto: exit, di en inglés. Tento ler o que pon na liña superior e tírolle o po aos meus antigos coñecementos do alfabeto grego. A modiño, vai saíndo a palabra, case parece unha brincadeira: éxodos.

Chegan As Crónicas Helenas.



Wattenmeer

2007-03-22T19:39:05.219+01:00

(image)
Achegámonos ao Mar do Norte antes de volvermos para Berlín. Plattdeutsch nos topónimos. Desolación absoluta. Peixe afumado. Marea baixa e quilómetros de fango areoso ao descuberto. Diques de herba na beiramar. Vento imposíbel.
Parecíame difícil, pero é aínda máis exótico ca o Báltico.



modelos

2007-03-22T19:39:46.439+01:00

(image)
Acordamos o domingo pola mañá en relativo bo estado, pero con moita preguiza. No vestíbulo da casa -na foto, a lámpada da entrada- escoitábase algo de ruído, pero botamos un cacho falando sen saír do cuarto. Saíron os dous primeiros medio espidos para ir ao baño, e volveron case decontado.

-O fotógrafo está facendo unha sesión de fotos no seu cuarto, ten a porta aberta. Non vexades como están os modelos...

Fomos saíndo un por un, como disimulando, moi naturais. Cada vez que saía un do noso cuarto, o maquillador, os dous modelos, a rapaza do vestiario e o xaponés mirábannos divertidos e saudábannos. Os modelos, como era esperábel, eran dos que saen nas revistas. E a min que ninguén me volva dicir esa de que é todo fotoxó, que as fotos están retocadas, que a maquillaxe, que as luces, que as sombras... Como diría o tío dos Mofa e Befa: "estuvísteis allí?". Porque eu si, estiven alí, vinos en vivo e en directo e a hormona xa non me deixou comportarme con normalidade no resto do día. Supoño que a iso axudou o feito de que os dous entendesen.

O negro estaba ben, pero o asiático era de morrer. Nunha das miñas idas e vidas ao WC, cando estaban na fase de fotos de roupa interior e de baño (sic...), achegouse a min cun sorriso e preguntoume:

-But..., how many people are sleeping in this room? Ten?

O que me debeu vir á cabeza sería un "come in, it would be the perfect number with you", pero como para estas cousas continúo no peor da adolescencia, quedei cun parco "more or less". E escapei para a ducha.



emigracións

2007-03-22T19:15:59.415+01:00

É aquí, na Alemaña occidental, onde estivo toda esa emigración épica dos galegos a terras xermanas. En Berlín non hai nada diso, así que non tiven practicamente ningún contacto con ese universo. E o certo é que non veño a Hamburgo na procura da Casa de Galiza nin nada diso, pero as cousas acaban coincidindo así. Dúas das persoas que veñen comigo son de Portugal; alguén lles dixo que en Hamburgo hai un bairro portugués e insisten en procuralo para almorzar con galão e pasteis de nata. O bairro aparece -parece que todos os transeúntes saben do que lles falamos ao lles preguntarmos- e a cousa parece sacada dos soños máis felices dun reintegracionista:

o bairro portugués tamén é galego...
(image)

...até límites insospeitábeis:
(image)

Iso si, na zona tamén están os restaurantes españois. E seguro que son todos de galegos. Así que está todo o país representado.



Astra

2007-03-20T19:16:50.531+01:00

(image)
As noites en Hamburgo non acaban de saírnos ben de todo. A Reperbahn, había que vela, é algo absolutamente insólito en Alemaña, imposíbel de encontrar en Berlín. Pero o ruído, os vidros rotos no chan, a acumulación de locais..., todo isto ten un aire a certas cousas que coñecín no pasado.

Nun búnker de formigón completamente abraiante encontramos Übel und Gefährlich, que parecía ser o noso destino natural. Pero unha serie de circunstancias acábannos levando a unha tasca de St. Pauli, rexentada por unha señora de 60 anos que serve basicamente cervexa Astra, a marca local, a unha escasísima clientela de putas e borrachos. A juke box é impagábel. Divertímonos moitísimo.



Hamburgo

2007-03-20T19:38:08.714+01:00

(image)
Paso a fin de semana en Hamburgo con Mjoão, Açoriano e Churi. Acabamos durmindo no cuarto do mozo dunha compañeira de piso de Açoriano, ao que case ningún de nós coñece. O piso é unha especie de loft nun edificio ex-industrial en que viven exclusivamente artistas e bichos polo estilo. Ao chegarmos recíbennos un español que alucina co feito de que falemos alemán, un alemán que fala cunha parsimonia desesperante e un xaponés fotógrafo de moda. A casa é deliciosa.

(image)



nos antípodas de Zizek

2007-03-15T18:13:19.986+01:00

O que pasa con Berlín é que aquí case todo o mundo é artista dalgún tipo. É máis ou menos coma iso de que en L.A. "todos os camareiros son actores", só que vivir aquí é tan barato que a maior parte da xente non necesita ter choio (e que practicamente non hai negros). O que tamén pasa en Berlín é que parece que case todo o mundo tivo contacto con algunha parte da gama LGBT (Lésbica-Gai-Bisexual-Transexual) nun momento ou outro, ou polo menos teñen esa pinta. Síntoo, pero en Londres non ves homes hetero con moreno de solarium, cabelo rapado e jeans cinxidos, e as únicas mulleres hetero que ves con cabelo curto e abrigos frouxos de home son mulleres sen teito (ese é outro asunto, pero non é o momento). Así que, para min, mudarme para aquí o ano pasado foi coma unha chegada á casa espiritual, sentín que por fin encontrara a miña xente.
(...)
Cando sexa grande, espero que o meu desexo de escribir un informe irresistíbel e convincente sobre por que necesita o capitalismo unhas definicións de xénero e relación tan estreitas e intratábeis, ligado de maneira intelixente a unha disección de por que necesita a sociedade en xeral abrirse á autoexpresión queer (especialmente ao cinema queer) e por que a autoexpresión queer é tan esencial coma o pan e as rosas e, e, e..., gañe contra o meu desexo de andar toda a noite de festa coas estrelas.

Kanchi Winchmann, "My first Teddy and what I want to be when I grow up".

Desculpen a tradución pedestre. É que lin este texto moito despois de que m)alicia me pasase O espectro segue a roldar. E agora, coa febre Zizek que percorre o mundo, pois lembreime de poñelo aquí. Serán os estertores da miña ideoloxía, que pide contas. Será que me identifico tanto co autor, a pesar de todo. Especialmente no dilema a túa discoteca necesítate/imos de farra á discoteca, all night long.




acumúlaseche o choio, neno

2007-03-14T18:45:02.654+01:00

(image) Mágoa que o 27 de marzo non vaia estar en Berlín, porque ese concerto si que me apetecería de verdade. En cambio en maio si que estou, pero aos Bloc Party pódenlles ir dando piche. :-P



domingo de Mauerpark

2007-03-14T18:29:02.076+01:00

(image)
Paso o domingo cun azoriano residente en Berlín e unha madeirense residente en Polonia que visita Berlín. Xa pasaramos xuntos a noite do sábado no WABE, porque había un concerto de tres bandas emerxentes berlinesas entre as que se contaba Elikan Dew, o grupo onde o noso Marco toca a batería. E teño que dicilo, Elikan Dew foron os mellores con diferenza. Por se acaso non parezo imparcial, engadirei que os de Lilit eran os que estaban máis cachondos, tamén con diferenza (inda que os nosos non tiñan mal ninghún).

Así que domingo aproveitamos a temperatura de primavera (por favor, o ano pasado a estas alturas estaba nevando a eito!) e imos dar unha volta polo Flohmarkt do Mauerpark, que está cheo a reverter de attitude e cabelinhos à foda-se.

Hai un grupo que está dando un concerto de moca. Din que son de Suecia. Quedamos un pouco mirando para eles e para o seu xerador eléctrico.

(object) (embed)

Comemos algo por alí sentados e, cando comeza a refrescar, imos indo. Á saída, nos valados de obra que hai distribuídos permanentemente por todo Berlín, atopamos esta instalación. Un porco rosa e dous osos que optaron por non hibernar espreitan atentísimos todo o que acontece no parque.
(image)



high top sneakers

2007-03-09T20:28:04.863+01:00

(image)
Si, os cool hunters xa hai moitos anos que comezaran a anunciar con insistencia o retro dos '80, e iso xa se comezou a ver nas rúas máis à frente do mundo occidental hai unhas cantas tempadas, sobre todo pola volta das botas de coiro enrugadas, tipo Vicky Larraz en Olé-Olé.

Pero agora que os tenis altos, incluso algúns con tiras de velcro, xa se venden en H&M, queda definitivamente aberta a veda para todas as clases sociais. Nesta mesma tempada, a febre vaise estender xa a algúns tardoadolescentes algo despistados pero con certas ansias de rebelarse. Na seguinte, todas as pijas de Steglitz van levar o pelo cardado. E para a outra, incluso os chavs ingleses, os Prollos alemáns e algúns quiotes coruñeses e as súas parrocheiras correspondentes levarán algo decididamente oitenteiro, un adhesivo dos pacman no coche tuneado, por exemplo.

A esas alturas naturalmente, ninguén na Kastanienallee se lembrará dos high top sneakers nin recoñecerá ter levado algunha vez ombreiras extra-anchas. Porque para entón, eles xa estarán noutro punto. E se seguimos a lóxica á que nos conduce a actual sucesión de revivals, dentro de sete ou oito anos, H&M ha de andar polos smilies, as cores fosforescentes e o acid house, dando paso en pouco tempo aos 90.

Non?



delicia

2007-03-09T18:54:09.702+01:00

(image)
Cousa rara, cádrame de andar polo centro a mediodía. Aproveito e doulle un chamo a Mjoão para xantarmos xuntos perto do seu traballo. Así tamén evito a encaldada que nos botan na cantina do choio.

En xeral gústame a comida do Panasia: inspirada na comida asiática, pero feita no momento, sen glutamato e con ingredientes frescos; malia ser un chisco caro, sempre é agradábel notar diferenzas coas China-Pfanne a 2 euros de diario. E de verdade, o flan caramelizado de herba-limón que nos puxeron hoxe de sobremesa foi memorábel. É a próxima receita que teño que sacar. Como sexa.



Marco da Silva

2007-03-02T17:56:54.744+01:00

Recibo unha mensaxe do Boss, a pedirme que mude unha ligazón, en concreto a dos amighos. Polo visto ten unha proposta de mellora.

Aí o teñen. Directamente do rancho folclórico de Bremen aos stages de todo o mundo da man de Kylie Minogue. Que diremos do moito que o necesitamos pola discoteca?
(image)

Nunca debín deixar de bailar muiñeiras. Seguro que eu tamén acababa así.

P.S.: non perdan o que di a lercha que deixa o primeiro comentario: ... Do I really NEED another tattoo?
:-DD
Stop being so bitchy, darling...



Feuerwerk

2007-03-02T17:16:45.924+01:00

(image) Foi unha Berlinale realmente excepcional. Pero tamén teño a sensación de que foi coma uns fogos artificiais a anunciar o final da festa.

(image)