Subscribe: O ruído dos días
http://julicheiro.blogspot.com/feeds/posts/default
Added By: Feedage Forager Feedage Grade B rated
Language: Galician
Tags:
anos  coma  das  dos  dun  exipto  gaza  hai  hesbulá  israel  israelí  máis  pola súa  pola  ser  seu  súa  unha 
Rate this Feed
Rate this feedRate this feedRate this feedRate this feedRate this feed
Rate this feed 1 starRate this feed 2 starRate this feed 3 starRate this feed 4 starRate this feed 5 star

Comments (0)

Feed Details and Statistics Feed Statistics
Preview: O ruído dos días

O ruído dos días



Qué difícil é quedarse quedo, indiferente, mentres todo entorno fai ruído.



Updated: 2016-09-08T05:21:39.043+01:00

 



Final

2009-05-05T13:58:08.696+00:00

Este blogue toca hoxe ó seu fin. Con el vou a deixar de utilizar tamén o alcume Julicheiro, co que non volverei a usar ningunha das contas abertas con ese nome. Empezara a usalo hai unha chea de anos para comentar en Galiciaconfidencial. Logo tiven que rexistrarme en Blogger para poder deixar comentarios no blogue De paso, e unha vez aberta a conta, ocurríuseme empezar esta bitácora, que durante moitos meses nin nome tiña. Xa choveu. É hora de cambiar. As miñas simpatías non mudaron, pero esta identidade ficticia, e todo o que ela conleva, está esgotada, e actualmente resulta máis unha carga que unha oportunidade. Irei por outros vieiros, máis pausados e espero que máis productivos.Agradezo ós leitores, esporádicos e habituáis, que se molestaran en lelo, e especialmente a quenes deixaron os seus comentarios, xa fora para concordar ou ben para retrucar. Os blogues existen porque hai quen os lea, co que son as persoas que se achegan por aquí quenes lle dan sentido a todo isto. Deshabilitei a posibilidade de deixar novos comentarios, pero deixarei a conta de correo aberta por se algúen quere comunicarse por esa vía. A aqueles cos que cheguei a a conxeniar, seguimos en contacto no correo e no chat. Ós que aínda non coñezo en persoa, espero que chegue pronto ese día. A todos, moitas grazas, e ata sempre.Joaquín Sabina - RuídoFranco Battiato - Bandiera bianca23-11-2006 - 05-05-2009[...]



Jewish Naqba

2009-05-03T19:36:04.987+00:00

(object) (embed)



Allan Poe

2009-05-01T12:39:50.079+00:00

Se algúen non quere durmir esta noite, que probe a ler a innenarrable tortura que tivo que afrontar este paiaso (literalmente) na antesala do inferno.



Xunto á tumba dun soldado

2009-04-30T09:18:14.781+00:00

(image)

Unha rapaza israelí a carón da tumba dun soldado, no cemiterio militar do Monte Herzl (Xerusalén).

[Foto tirada do LATimes]



Orgullo sionista

2009-04-28T22:05:12.093+00:00

"Douche seis meses", díxome un parente cercano o día antes de que empaquetara a miña vida en dúas mochilas e as arrastrara a dúas mil millas de Gran Bretaña. Unha década despóis, aínda estou aquí e estou orgullosa de ser unha olah vatika (inmigrante veterana).Mesmo dentro de Israel, o concepto de Aliá para o mesmo sionismo é con frecuencia algo extraño. Xóvenes israelíes en concreto non poden entender porqué algúen dun país evidentemente próspero, cunha cultura refinada e unha sociedade progresista, e que se atopa relativamente libre de terrorismo, escolla guindalo todo, abandoar á súa familia e amigos e mudarse a un país tan cheo de problemas internos e violencia.A miña motivación pode ser resumida nunha palabra. Sionismo. Nas últimas décadas, "sionismo" convirteuse nunha palabra suxa. Utilizouse coma un nome insultante e despectivo para referirse ó conxunto do pobo xudeu, coma abreviatura do Estado de Israel no contexto do seu conflicto cos palestions, e mesmo coma un sinónimo dos asentamentos.É hora de recuperar a palabra coma unha expresión de orgullo. O sionismo é o que conduciu e conducirá no pasado, presente e futuro  a xudeus arredor do mundo a dirixirse cara unha minúscula mancha de terra nunha rexión asolada pola guerra.A súa necesidade de pertencer a Israel non é sempre apreciada pola súa poboación actual. Nun autobús abarrotado de Tel Aviv, cando protestei porque alguén puxera a súa axila en fronte da miña cara, dixéronme que me volvera a América. Os israelíes nativos rinse do meu acento británico, responden ó meu hebreo fluído cun pésimo inglés, pero sen embargo matarían polo meu pasaporte da Unión Europea.Irónicamente, descubrín que a clase obreira israelí, acosada coma está polas dificultades económicas, é a que asemella máis comprensiva coa miña decisión. O seu orgulllo pola patria é real, alegre e implacable.Israel é a onde pertenzo. Aquí é a onde pertencen xudeus, xa sexa porque vivan aquí, veñan de visita ou simplemente por unha conexión espiritual co lugar. É  a encarnación de centos de anos de aspiracións, a través dos progromos, a persecución e o xenocidio.Non é que eu fora a vítima dun verdadeiro antisemitismo na miña vida en Gran Bretaña, pero sempre hai un omnipresente ruxe-ruxe. A miña sinagoga local en Manchester, coma a maioría, ten patrullas dunha compañía de seguridade privada nas festas importantes, e a miña escola xudía tiña un valado con arame de espiño. Aínda non hai nada semellante ó que afrontaron os meus bisavós do Leste, ou o que levou ós meus parentes austríacos cara as cámaras de gas en Auschwitz.Eu ben podo ser un producto do meu entorno en Gran Bretaña (movementos xuvenís xudeus, educación xudía, fogar xudeu) e por iso hai tantas cousas que me molestan, asustan e apenan de Israel, coma é a súa incapacidade para conciliarse coa realidade dos nosos veciños palestinos, a súa caprichosa atitude cara a guerra e a intolerancia relixiosa de xudeus laicos e relixiosos por igual. Pero aquí estou eu.Este é o meu décimo Yom HaZikaron e Ha´atzmaut coma israelí. Foi con frecuencia dificil, ás veces solitario, ás veces aterrador, pero nunca un motivo de arrepentimento.Sempre estou na Praza Rabin para as sereas dos mortos, e para o baile da vida. Son unha sionista, e estou orgullosa. Este é o meu país e o amo. Aquí permanecerei.Eu son sionista e estou orgullosa.Un artigo de Sara Miller, editora do Ha´aretz, no Día da Independencia.[...]



Interrumpir no camiño

2009-04-26T21:50:14.688+00:00

O xornal exipcio El Aosbora informou de que a semana pasada un cargueiro iraní que transportaba armanento cara Gaza foi torpedeado no Mar Vermello, en fronte da costa de Sudán. Un barco de guerra non identificado disparou sobre o mesmo antes de que puidera atracar, segundo advertiu unha fonte anónima. Polo pronto, o Goberno israelí nin afirma nin desminte a información, anque o exército dos EUA ó parecer deixou entrever que na operación estiveran involucrada a Forza Aérea de Israel.

Esta operación, xunto coa eliminación en Sudán hai unhas semanas dun convoi con armamento e o mesmo destino (se ben a prensa recolle que houbo outras dúas operacións das que non trascenderon noticias), e a detención en febreiro, por parte das autoridades chipriotas, doutro barco iraní (que transportaba tanques T-72, morteiros, etc) con destino Siria, formarían parte dunha estrataxema destinada a interceptar dito armamento antes de que sexa suministrado a Hesbulá no Líbano e a Hamás en Gaza. Singularmente neste último caso, é preferible actuar antes de que os arsenais se atopen dentro da Faixa, espallados entre poboación civil, para evitar o coste humano que unha operación dese calibre, coma a recente Chumbo Fundido, acaba acarrexando.



Hesbulá en Nova Iorque

2009-04-24T10:37:18.870+00:00

(image)
Ferry que une State Island co baixo Manhattan.

Un paquistaní ven de ser condeado a cinco anos e nove meses de prisión por emitir nos EUA a canle de emisión de Hesbulá, Al Manar, dende o seu fogar en Staten Island. Unha vez finalizada, quen foi descrito polo fiscal coma "o home de Hesbulá en Nova Iorque" será deportado (Jerusalem Post).

É normal; se Hesbulá está na lista de Organizacións Terroristas Extranxeiras do Departamento de Estado, o lóxico é que supriman as súas canles de difusión e proselitismo.



As tácticas de Hamás

2009-04-23T09:42:01.785+00:00

Neste vídeo amosa unha recreación de cómo se distribúen polos núcleos urbanos de Gaza os paramilitares de Hamás, e como utilizan á poboación civil para entorpecer ós avances do exército israelí.

(object) (embed)

(Duración: 5:39)



Hamás abre o seu primeiro banco en Gaza

2009-04-22T08:58:41.823+00:00

(image)
O Banco Islámico Nacional abriu onte as súas portas o público, cun capital inicial de vinte millóns de dólares. As súas oficinas ocupan catro plantas dun céntrico edificio na capital, e a partires dagora alí será onde teñan depositadas as súa nóminas os empregados de Hamás. A Autoridade Nacional alegou que non autorizara a súa creación, e fixo un chamamento ó seu boicot.

As fontes negáronse a aclarar de onde sacaran o capital, se supostamente Israel deixara Gaza mergullada nunha grave crise humanitaria. Non obstante, si especificaron que esta institución financieira rexiríase só polos principios económicos da sharia. (Al Arabiya)



Hesbulá en Exipto (4)

2009-04-21T21:44:10.361+00:00

Dúas novas sobre a célula de Hesbulá desmantelada en Exipto:
  • Nunha subida de tono fora do habitual, Exipto protestou a Irán polo seu apoio a Hesbulá. Logo da que fontes gubernamentais da República Islámica acusaran a Exipto de inventalo todo para alterar as vindeiras elecións libanesas, o goberno do Cairo contraatacou hoxe cunhas declaracións infrecuentes de puro francas (Jerusalem Post).

  • Os detidos afirmaron que eles pensaban que estaban traballando dacordo co Fatá, a través das brigadas de Al-Aqsa. Tanto se o din para incriminalos coma se é certo, a organización reaccionou airadamente a estas incendiaras declaracións por boca de Barakat al-Farra, delegado do Fatá en Exipto. Éste lembroulle á Hesbulá "favores pendentes" e aconselloulle que non se entrometera "nos asuntos palestinos", aludindo tamén ó contrabando de armas a Hamás en Gaza (Ashark al-Awsat).



Contradictio in terminis

2009-04-21T19:54:30.459+00:00

Un dos membros da comitiva da República Islámica de Irán na conferencia contra o racismo (sic) chamoulle ó supervivinte da Shoá e Premio Nobel de Literatura Elie Wiesel "sionazi" (via Guysen).

Pola súa banda, o presidente Ahmadineiad regresa ó seu país coma un heroi, logo de valerse deste privilexiado altofalante para reafirmarse no seu liderato, tanto no plano doméstico coma perante os seus seguidores en latinoamérica e no mundo académico occidental. Finalmente, na conferencia arredor de cen países aprobaron unha resolución contra o racismo na que, faltaría máis, Israel foi o único país do mundo que aparecía citado; para disimular, non escribiron o seu nome senón que se remitiron ó documento anterior no que si aparecía. (Jerusalem Post).

Deberían aprobeitar as fermosas instalacións que teñen á beira do East River para facer un hotel, e rematar con esta farsa canto antes.



Desbandada de Durban II

2009-04-19T21:04:13.020+00:00

Logo de que onte os EUA despexaran que non participaran na Conferencia contra o Racismo (a.k.a., Durban II, en recordo do aquelarre da primeira edición), tampouco Italia nin Alemaña van a acudir. Hai que sumarlle a ausencia de Israel, Canadá, Australia, e os Países Baixos. A República Checa, coma presidenta de turno da UE, está a ver se logra un apaño de última hora, gran mostra da boiante política exterior comunitaria.Motivos para non acudir, polo menos no caso dos Estados Unidos e Israel; o texto final, promovido polas democracias máis arraigadas do planeta, quería encadrar ó sionismo coma unha forma racismo, coma xa forzara o bloque soviético, outro paladín da defensa da dignidade humana, na Asamblea Xeral da ONU durante a Guerra Fría. E logo un detalliño, nada importante: dito texto pedirá a prohibición da crítica relixiosa. No titular de El País esto último non o poñen, pero cóntano cara o final, así que non se pode criticar. Normal, se hai pouco espazo, e no titular nunca sobra, haberá que priorizar. Logo arréglano:El documento de Diène contiene una denuncia expresa del fenómeno creciente de la islamofobia, es decir, de la discriminación, prejuicios y trato desigual de que son víctimas, en Occidente, los musulmanes, tanto a título individual como colectivo. La llamada de atención de Diène está plenamente justificada, porque es evidente que, a raíz del 11-S, se somete a los musulmanes a una sospecha generalizada y que se tiende a percibirlos, en bloque y de manera irracional, como enemigos de los valores de la democracia y los derechos humanos.Ahí queda eso. Por certo, a ONG Human Rights Watchs está decepcionadísima. Pola negativa dos EUA a participar, digo. O texto? Pois o texto é caralludo. Claro que si. We are the world.Pola súa banda, Ahmadinejad depachouse cunhas declaracións moi na súa liña, que suscribiría calquera Europeo Benpensante, dagora ou de hai cen anos, tanto monta:" They (the Zionists) plunder nations' wealth by dominating the world power centers and have created a condition that nothing can be said about this evil phenomenon whose effects loom over nations' lives "Non fun mirar, pero supoño que será o argumento que sigan tamén os de Público.[...]



Morderse a cola

2009-04-19T14:02:47.974+00:00

(image) Durante unha das pacíficas manifestacións árabes en Bilín contra o Valado de Seguridade, os antidisturbios cargaron para dispersar ós congregados. Durante o lanzamento de botes lacrimóxenos, un deles impactou no bandullo dun dos presentes, provocándolle a morte. Cómo se denomina isto?

Pois, na prensa pijo-progre, asasinato, isto é, unha morte provocada intencionalmente. Con esta clase de xornalismo-espectáculo, que se pasa a realidade polo arco do triunfo, non é de extrañar que o comentario máis valorado sexa este:

Ya no sorprende nada del ejercito judio-nazi israelí

Parece que a este paso al final el tiempo acabará dando la razon al fürher

... nun bucle fanático onde o pobo quere coartadas para a súa xudeofobia e medios compiten con entusiasmo para ofrecerllas.



Hesbulá en Exipto (3)

2009-04-16T22:23:12.897+00:00

Segundo informa o Almasry Alyoum, na brigada de Hesbulá desmantelada en Exipto habería dous membros do Fatá, Mohamed Ramadan Abdel Fattah Baraka e Nadal Fathy Hassan, e tería coma obxetivo provocar un macro-atentado suicida en Tel Aviv:
As fontes din que as forzas de seguridade arrestaro a dous membros do Fata unhas poucas semanas despóis de que entraran no Sinaí dende Gaza a través dun tunel na fronteira entre Exipto e Palestina.
Os dous detidos afirmaron que estaban intentando introducir ilegalmente africanos en Israel, pero durante os interrogatorios confesaron o seu obxetivo:
Durante as investigacións, os acusados admitiron que pensaban viaxar a Sudán e despóis a Siria e ó Líbano para ser adestrados en operacións suicidas. Dixeron tamén que planearan levar a cabo unha operacón suicida en Tel Aviv (Israel).

Dixeron que se uniran á célula de Hesbulá logo de coñecer a Sami Shehab a comenzos do ano pasado, logo de cruzar a Exipto dende a Faixa de Gaza. A continuación afirmou que voltaran á Faixa de Gaza que algúns membros do Fatá lles axudaran a pasar clandestinamente ó Sinaí para unirse á célula de Hesbulá.
Pola súa parte, Irán rexeitou as acusación contra Hesbulá, e afirmou que a investigación, que continúa en marcha, é un intento de influír nas vindeiras eleccións xerais do Líbano.

[No blogue: Hesbulá en Exipto I e II]



Hesbulá en Exipto (2)

2009-04-13T23:02:45.411+00:00

Segundo cantou o libanés Samil Shihab, principal sospeitoso do operativo de Hesbulá desmantelado en Exipto, cando foron detidos atopábanse preparando a vinganza pola morte de Imad Moughnieh. As declaraciós apareceron no xornal panarabe Al Hayyat. Pola súa banda, o Asharq al-Awsat publicou que a célula se constituíra no 2005, e estivera recabando información sobre os lugares turísticos Taba, Sharm el-Sheikh, Dahab e Nuweibeh, na península do Sinaí, onde tiñan previsto atacar a turistas israelíes.

Mentres tanto, as autoridades exipcias seguen o rastro de trece persoas, dez libaneses e tres sudaneses, dos que se sospeita que están a ser agochadas por beduínos no Sinaí (beduinos que viven en gran parte do tráfico de armas vía Gaza).

[Máis: Jizballah amenaza el gobierno de Husni Mubarak, por Fernando Cohen-Sur]



O último en Afganistán

2009-05-03T19:05:03.890+00:00

O último xudeu que queda en Afganistán da conta neste vídeo da súa situación en Kabul, coma último membro do seu pobo que continúa no país.



Palabras suxas

2009-04-12T12:14:53.585+00:00

Arabia Saudí ven de prohibir para as matrículas dos coches aquelas combinacións de tres letras que, traducidas ó alfabeto latino, produciran palabras malsonantes. Isto tamén acontece en España, onde se omiten combinacions coma ETA ou PIS. O curioso é unha das palabras escollidas; ASS (), BAD (malo), NUT (tolo), SEX (ornitoloxía), BAR (idem; presumiblemente, pola prohibición taxante de beber alcohol) e... USA.

Será porque alí esto último representa todo o anterior?



(image)



Centenario

2009-04-11T15:16:40.382+00:00

Esta semana a cosmopolita Tel Aviv cumpriu os seus cen primeiro anos. Abaixo, imaxes da celebración na Praza Rabin, tiradas do arquivo de Life.com.



Hesbulá en Exipto

2009-04-10T19:25:53.177+00:00

Exipto detivo a quince persoas acusadas de fabricar cohetes qassam para contrabandear a Gaza. Dende o Líbano, Nasrallah desmentiu que Hesbulá estivera intentando desestabilizar Exipto, logo de que esta semana se desmantelara un operativo da organización xií que presumiblemente tería coma obxetivo atacar zonas turísticas do Sinaí, algunhas destinos habituais de israelies.



A condición de Siria

2009-04-08T15:54:30.045+00:00

Walid al-Moallem, Ministro de Asuntos Exteriores sirio, declarou que, para que o seu Goberno retomara as negociacións de paz con Israel, como condición previa éste debería cederlle os Altos do Golán ata as fronteiras de antes de que Siria o atacara no 67.

Lieberman, pola súa banda, amosouse contrario a estas pretensións: "A paz só será a cambio da paz. (...) Non hai ningunha resolución respecto das negociacións con Siria, e xa dixemos que non estaremos dacordo con retirarnos dos Altos do Golán." (Ha´aretz)



60º aniversario da OTAN

2009-04-05T09:23:06.217+00:00

Onte, catro de abril do 2009, cumpríuse o 60 aniversario da firma do Tratado de Washington (documento) que estableceu a Organización do Tratado do Atlántico Norte. Coincidindo co aniversario, celebrouse o cumio do que sairá a nova estratexia da organización para Afganistán, plasmada en 5.000 efectivos e 100 millóns de dólares. Na mesma xornada nomeouse ó primeiro ministro danés Anders Fogh Rasmussen coma novo secretario xeral (BBC, WSJ, e JP).O Real Instituto Elcano adícalle unha serie de artigos nos que analiza a evolución e retos de futuro que aborda a OTAN:La cumbre de la OTAN en Estrasburgo-Kehl: ¿revisar sus fundamentos tras 60 años?, de Félix Arteaga. Resumo: Agora que con Obama parece que a OTAN pode recuperar o papel que tivo noutro tempo, Arteaga sinala en catro grandes bloques as mudanzas estruturais  que deberá abordar para que recobre a operatividade perdida.Hacia una nueva alianza atlántica, de J. Enrique de Ayala. Resumo: O artigo sinala que a OTAN aínda mantén unha estructura que deixou de ser útil logo da Guerra Fría, ó tempo que sinala a necesidade de que Europa dependa menos desta institución no plano militar. La Alianza Atlántica en su 60 cumpleaños, de Florentino Portero. Resumo: a crise da OTAN débese á perda do elemento cohesionador, a ameaza soviética, ó tempo que sinala que "hoxe a Alianza é unha excelente axencia de servizos de seguranza, pero carece dunha estratexia común", e o que é máis importante: "Non é unha cuestión de europeos contra norteamericanos, senón dunha profunda crise intereuropea". 1949-2009: la OTAN ante su futuro, de Fernando del Pozo. Resumo: Dous factores diferenzan á OTAN actual da fundacional; o seu obxetivo fundamental xa non é defender o propio territorio, e o gran aumento de países membros ó tempo que se mantén a adopción de acordos por consenso. Apunta, tamén, as direccións ás que cada corrente dentro da Alianza quere orientar á organización. La Asociación para la Paz; pasado, presente y futuro tras la cumbre del 60 aniversario, de Federico Yaniz Velasco. Resumo: Análise da historia da Asociación para a Paz, logo de cumplirse en xaneiro quince anos dende a súa constitución.[Máis: páxina da OTAN; conclusións do Cumio de Bucarest (pdf. 8 páx.); fotogalería coa historia da organización; Portal NATO na wk.en][...]



Palestino mata a machetazos a un adolescente xudeu

2009-04-03T09:00:44.682+00:00

Shlomo NativEste é o día a día que non che contará Miguel Anxo Murado. Esta tarde, un árabe que estaba traballando en Bat Ayim, ó sur de Israel, aprobeitou que se atopaba preto duns rapaces que non foran á escola (por estar en Purim) para emprendela a machetazos cos nenos. Ó descubrilo, intentaron abatilo, pero escapou.Estas cousas pasan a miúdo, só que aquí non saen na prensa. O único medio que informou (son agora as 22:57 do xoves) foi Libertad Digital. A prensa progre, obviamente, non considera que os españois deban estar ó tanto destas cousas; isto racha os estereotipos que se queren presentar.O neno israelí que morreu chamabase Shlomo Nativ, e tiña trece anos. Yair Gamliel, de sete anos, ficou malferido.Cita oportunísimamente Simon a Gustavo Perednik:Um milheiro de israelis têm sido assassinados desde setembro de 2.000, em restaurantes, em discotecas, em autobuses, disparados pela rua, acoitelados. O 90 % de eles eram civis, na sua maioria mulheres e crianças. Temos visto todos e cada um dos sepélios. Um por um. Acompanhamos perto de mil funerais, com os discursos, com mães que querem arrojar-se nas tumbas dos seus filhos, com as fotos de rapazes cujas vidas se viram truncadas pelo facto de serem israelis.À minha esposa Rut, um dos centos de atentados sacudiu-na especialmente. Foi o 9 de Agosto de 2001 numa pizzeria do centro da nossa cidade, Jerusalém. Um terrorista entrou ao local com 10 kgs. De explossivos mesclados com cravos, parafusos e pernos, que fez detonar entre a gente, assassinando a umas vinte pessoas e ferindo a mais de cem. Entre os mortos achava-se a família Schijveschuurder, parentes de Rut. Os pais Zira e Mardoqueu morreram com três dos seus filhos, Raia de 14 anos, Abraham de 4 e Hemda de 2. Haia, a de 8 anos, sobreviveu ao ataque.Menciono os nomes porque os meios espanhois nunca os mencionam. Na sua televisão amosam as imagens dum autobus feito pedaços e dos padioleiros, e a continuação o vídeo sobre o assassino. De ele sim transmitem o seu nome e dados. As vítimas não têm nome. A televisão espanhola relata a vida do terrorista, a causalidade da sua acção, e a continuação, as câmaras trasladam-se ao seu fogar, onde vemos como os familiares sacam os enseres antes de que a sua casa seja eventualmente derrubada. De eles compadecem-se.[...]



Declaracións de Netaniahu

2009-04-02T20:24:45.914+00:00

Nunha entrevista en The Atlantic, o dende o martes novo Primeiro Ministro de Israel, Beniamin Netaniahu, declarou ó xornalista Jeffrey Goldberg que está decidido a impedir que Irán acade armamento nuclear. Cita Goldberg: "O presidente americano, dixo, debe deter a adquisición por parte de Irán de armamento nuclear (e rápidamente), ou un Israel en perigo pode que se vexa obrigado a atacar as instalacións nucleares iranís por si mesmo".

Sobre o novo presidente dos EUA: "O presidente Obama ten dúas grandes misións: arranxar a economía, e evitar que Irán acade armamento nuclear". Sobre este último punto sinalou: "A adquisición por Irán de armamento nuclear podería desencadear unha carreira armamentística no Oriente Próximo. O Oriente Próximo xa é incendiario dabondo, pero con armas nucleares tornaríase nun polvorín".

Sobre a cuestión territorial, recóllense as palabras do comandante en xefe Moshe Ya´alon:
"O erro da desconexión de Gaza foi que eles pensaron coma occidentais, que o compromiso difuminaría o problema, pero iso xusto avivou o problema. Os xihadistas viron a retirada coma unha derrota de Occidente... Agora, que lle estarás a decir se estás listo para dividir Xerusalén, ou se estás listo para retroceder ás liñas de 1967? Nesta clase de conflictos, a túa habilidade de defender e ser determinante é máis importante que a túa capacidade armada".



Chantado no Medio

2009-04-01T13:07:25.481+00:00

O xornalista Shmuel Rosner, colaborador habitual do Jerusalem Post, publica en The New Republic o artigo Stuck In The Middle no que especula sobre a incorporación do Partido Laborista ó goberno liderado polo Likud. Dende que Barak convencera ós delegados do seu partido, por un escaso marxe, para dar este paso, moito se ten escrito sobre os motivos que o levaron a unirse ao executivo encabezado por Netaniahu.

Rosner sostén a tese de que este xiro de Ehud Barak ten coma obxetivo reubicar ó Mapai no lugar que históricamente ocupou no espectro político israelí, a esquerda ou, a día de hoxe, a centro-esquerda, desprazando a Kadima:
"(...) O destino do Partido Laborista é a cuestión fundamental na comprensión do futuro da política israelí. Unha minoría significativa do Partido votou a semana pasada contra a decisión do lider Ehud Barak de unirse á coalición; eles querían que el seguira o exemplo do propio Netaniahu, que durante años agardou marxinado na oposición antes de regresar triunfalmente ó poder o mes pasado. O erro deste razonamento é que cando Netaniahu estaba na oposición, foi o líder da oposición. Barak non ten tal luxo, posto que Kadima xa tomara a decisión de permanecer na oposición, relegando a Barak a un papel secundario. Barak tiña que escoller entre ser o segundo ó mando na oposición, ou ser segundo ó mando na coalición; un dilema moi diferente ó que se enfrentou Netaniahu hai tres anos. (...)

Sen embargo, a reorganización que se iniciou co movemento de Sharon continúa ahora co turno de Barak. De súpeto, non está moi claro quén é o centro e quen é a esquerda. Conseguiu o Mapais, uníndose ó Likud, trasladarse á dereita, deixando a Kadima na esquerda, e ocupando o terreno ideal centrista que Sharon preverao para o seu partido? Neste caso, a xogada de Barak será considerada como unha das súas máis brillantes manobras políticas (nunha carreira chea delas), quizáis salvándose a si mesmo e ó seu partido ó mesmo tempo. Tanto Netaniahu coma Barak parecen asumir que Kadima (coa súa corta historia, lider relativamente inexperta, e cunha ideoloxía non detectable, distinguible) non sobrevirirá anos na oposición. Cando eles pensaron na idea de unir fuerzas, moito antes das últimas eleccións, parecía que ambos estaban agardando para deixar que Kadima se derrumbase e, a continuación, volver á época do Likud e do Laborista coma cabezas da xeraquía política de Israel."



A orquestra de Xenín

2009-03-27T13:28:53.178+00:00

Co obxetivo de fomentar o entendemento entre dous mundos antitéticos, a empresaria e mecenas Shari Arison (a súa ficha en Forbes) promoveu a celebración na cidade de Xolón dun concerto interpretado pola orquestra Cadeas da Liberdade, formada por mozos e mozas cisxordanos, para un pequeno grupo de sobrevivintes da Shoá. A parte negativa é que parece querer establecer unha simetría imposible, pero sobre iso correremos un tupido velo. Non son moitas as inciativas de entendemento que fructiferan, co que é preferible non poñerse escrupulosos.Os rapaces, de entre 12 e 17 anos, veñen de Xenín. No imaxinario colectivo israeli, esta cidade é o epicentro da peor cara dos palestinos. Dende ela se promoveron moitos dos máis atroces actos terroristas que teña padecido a poboación civil israelí, posto que nela tiveron e teñen a súa base os comandos terroristas palestinos que, durante décadas, sementaron o terror nas rúas de Israel, ata que o Valado de Seguridade interrumpiu esta rutina sanguenta. Pola súa banda, por mor disto, para demasiados palestinos é un símbolo da "resistencia". Consecuentemente, a cidade foi tamén obxetivo dalgunhas das operacións militares máis contundentes que se teñan levado a cabo en territorio da Autonomía Palestina, entre as que destaca a célebre Batalla de Xenín (Ao igual que na recente operación en Gaza, tamén daquela se falara ó principio de "xenocido", "masacre" e demáis. Cando o espectáculo xa non daba máis de si, a prensa rematou por esquencelo, e acabouse por admitir coa boca pequena que, en realidade, non fora tan así).Isto é, ten especial significación que foran xusto dese sitio. Á hora de comunicarse, os árabes só sabían árabe, e os israelíes hebreo e as linguas dos países onde naceran, co que só se podían entender coa música. Un dos rapaces, Qusai Samur, preguntaba en qué consitira o Holocausto, e a directora da orquestra, a árabe-israelí Wafaa Younis, declaraba: "Eu non creo nos políticos, só na música e nestes rapaces". Os instrumentos cos que conta a orquestra proceden de doazóns da Universidade Mormona de Xerusalén e do dramaturgo Dan Almagor, que cedeu os violíns. Paréceme importantísimo que medidas deste tipo se leven a cabo. É urxente que a mocidade palestina dispoña de outra saída que non sexa engrosar as bandas crimináis que por ahí axudan á consecucion dun Estado palestino coma Nos-UP contribúe á expansión do galeguismo. Mentres son xóvenes, hai que intentar afastalos do discurso do odio que domina totalmente a sociedade palestina, para que o día de mañá poidan prantar cara ó extremismo dende dentro; para ter interlocutores, primeiro haberá que formar ás novas xeracións nunha rutina diferente. E non perder nunca de vista que non se trata de escoller entre Israel e Palestina, senón qué Israel e qué Palestina. (New York Times e Gulf News)[...]