Subscribe: casatlantica
http://casatlantica.blogspot.com/feeds/posts/default
Added By: Feedage Forager Feedage Grade B rated
Language: Galician
Tags:
así  coa  dos  dous  era  hai  iso  lingua  lle  máis  nos  pequeno  poesía  pois  quen  samuel  seu  tamén  unha 
Rate this Feed
Rate this feedRate this feedRate this feedRate this feedRate this feed
Rate this feed 1 starRate this feed 2 starRate this feed 3 starRate this feed 4 starRate this feed 5 star

Comments (0)

Feed Details and Statistics Feed Statistics
Preview: casatlantica

casatlantica





Updated: 2018-03-05T16:37:52.753+01:00

 



mudanza

2009-06-09T08:38:27.938+02:00

(image)


eu xa escribín dabondo sobre os sentimentos encontrados que me provocan as mudanzas, e esta non ía ser menos. pero o que ten que ser, pois é. 
así que agora atendemos aquí.

;)

 a casatlantica múdase á blogaliza.





semana da poesía de barcelona

2009-05-25T09:36:06.579+02:00

(image)

alá imos! será tamén a primeira viaxe en avión do noso be! uis....que nervios....
queredes algo de alá?
;)



fan

2009-05-21T09:43:52.854+02:00

dios...teño un fan!!! que me fai covers!!! síntome coma unha estrela do rocanrrol :) 
adri, molas un montón.


(object) (embed)



alerxía á poesía

2009-05-19T17:30:22.737+02:00

a razón do post anterior fixen tres descubrimentos reveladores: 

un: hai en lugo -igual xa hai moito, pero eu non o sabía- un colectivo de xentes coa poesía como desexo compartido e iso é, cando menos, motivo de ledicia para min pois xa pensaba que o dos colectivos poéticos acabara os seus días. por muitos anos, xa que logo.

dous: non só o hai, senón que ademais fixeron unha fermosa acción consistente en regalar poesía aos transeúntes deixando varias notiñas de papel pegadas pola cidade adiante con versos e frases de poetas de tódolos tempos.

tres: o concello de lugo, vese que é máis de prosa ca de poesía. mágoa. creo sinceramente que se no abrir do luns eu mesma atopase un anaquiño de benedetti colgado da farola contra a que bato o coche tódalas mañás non iría así, sen máis, monotonamente, ao curro.

iría intrigada. intrigada polo anaquiño de papel. intrigada por benedetti. iría diferente a como vou acotío.

preguntándome polo impacto que a poesía ten no medio dun acto completamente cotiá.

en que se mide iso? newtons?  faradios? simples metros?
;)

Hoy me hicieron un test/ el decisivo 

tengo alergia a la nuez al humo al polvo 
a la estremecedora belleza de la iguana 
y al concierto de piano de rachmáninof 
a las bruscas galernas de noviembre 
y al importuno celo de los oportunistas 
a la oculta violencia de los conciliadores 
al papamóvil y a las pompas fúnebres

hoy me hicieron el test/ todo está claro 
tengo alergia a la soja al ácaro y al moho 
a risas y sonrisas de hienas y giocondas 
a la mano que esconde napoleón bonaparte 
a la otan el usis el kgb y la cia 
y al inútil paraguas contra el viento 
al débil sindicato de los zánganos 
y al matriarcado de la abeja reina

hoy me hicieron el tes/ al fin me entero 
tengo alergia al coñac/ al tomate/ al tanino 
a los monos en jaulas/ al doblaje en el cine 
a la picana eléctrica/ a la hora del ángelus 
y hasta a los presidentes con pulcro bisoñé 
al opus dei y a los posmodernistas 
a los gaudeamus y a las cuchipandas 
y/ no faltaba más/ a los tests sobre alergias. 
 

benedetti para a bolboreta curda.




re-postar un minuto

2009-05-16T00:54:29.861+02:00

(image)
esta tarde mig, be e unha servidora concedémoslle un minuto de poesía á cidade de pontevedra. acompañamos á xente pola rúa, no súper, nas terrazas...
eu linlle un poema a dous mormóns. fliparon. era a primeira vez que alguén os paraba pola rúa para darlles a chapa.
foron dos que mellor responderon.

confesaronme que non entenderan nada do galego.

igual fui por iso.


muitísimas grazas aos organizadores pola oportunidade. para nós fui precioso ;)


mañá sábado, véspera de letras, toca ler en ourense, plena rúa.



convite

2009-04-17T09:14:11.449+02:00

(image)


este sábado estaremos na tremenda casa que as palabras teñen alá enfronte de samil, recitando nove co pequeno be e compartindo espazo con nela e sr.pause. todo un pracer para nós.

e para vós, se vindes



trintaaaa!!!!

2009-04-14T10:46:40.171+02:00

(image)


ai dios
pero feliz
:D




mdm poetic tour09

2009-04-07T12:11:57.986+02:00

(image) exactamente aquí: en tremendo e incomparable marco, onde recitaron aldao+lado hai uns días para conmemorar o banquete de conxo. e malia que non houbo cuchipanda de verdade, si que houbo moitas poetas, un poeta -benaventurado el entre todas as mulleres-  e un público encantador que aplaudía arreo todo o que pasaba naquel recuncho privilexiado do sanatorio de conxo. na capital mundial da movida mental (e cito a alguén aínda que agora non sei a quen) atopámonos con colegas e amigos aos que tiñamos muitas ganas de ver. o pequeno be tamén veu. atendeu muito, non chorou nada, portouse tan ben que ao día seguinte levámolo á titiritada coruñesa da que, por certo, tamén temos fotos. 
e para mostra...

(image)
que ben o pasamos.
pois iso: que o tour xa comezou. a ver se nos vemos.
;)



y luego (colectivo coruñés)

2009-03-29T20:41:25.319+02:00

a presentación do post anterior foi moi divertida; ler nove en terra atlántica, rodeada de amigos, en tarde de sábado ociosa aínda que fría, foi de verdade un pracer grande. agradecemos a colaboración do público que se animou a xogas ás películas con lu e os títulos e que que compuxeron un exquisito poema dadaísta que aquí queda.
de título, por ser máis coruñés, puxémoslle y luego

ah! se algún poeta contemporáneo atopa un seu verso entre os do poema pode reclamalo neste enderezo e devólveselle...

trazar para sempre un círculo que descargamos
como quen bebe a última cervexa e unha avoa.
así che medrou no peito un tambor de buxo, meu amigo!
así mesmo e con idéntico motivo
morrín sen escuras pretensións.
(texto íntegro)
teu paniño encarnado,
esta espera tan longa...
ven dunha vez.
dende unha mesa de café chamo por vosoutras.
o noso patio tiña fentos
maís seguramente habería...
non lembro.
quen eres -preguntaranche-quen eres?
dende onde as miñas verbas che magoan.
o lume é o destino polo que ninguén daba xa un peso.
de memoria: que se mesturase o noso sangue coa luz do día.



presentando nove na coruña...

2009-03-25T09:10:37.995+01:00

(image)
estades todos convidados!



galician pysco

2009-03-20T08:49:16.986+01:00

Imaxinen por un intre que Castelao volve entre nós. Polo ao día do ocorrido nos últimos 50 anos. O tipo vese contento. Entón pregunta como lle vai á súa lingua nai e, con certa reticencia, acabas contándolle o de Galicia Bilingüe. Imaxinen isto e déanlle a Castelao un licor café para pasar o trago, que lle ha facer falta. Para explicarllo mellor poslle un vídeo de seioque.com (Sei o que nos figestes...).A imaxe é a seguinte: en plena manifestación a prol do bilingüismo aparece un tipo berrando na Galiza, en galego! e seis ou sete policías nacionais batendo nel. Castelao, alucinado, observa como detrás deles hai centos de persoas véndoo todo. Hai quen berra dale, dale! Todos aplauden. Castelao pregunta quen é esa xente toda? Son persoas que defenden a liberdade de escoller calquera das dúas linguas oficiais no territorio galego, dislle. Ti non queres enganar a Castelao pero habería que lle dicir que en realidade defenden a libre escolla do castelán, pero mira, está recén encarnado, imos aforrarlle o desgusto. Daquela o rianxeiro, que xa está pensando que maldita a hora na que saíu da caixa, atópase cunha charanga de músicos disfrazados de folclóricas con lunares. Non cabe dúbida, son dos que no hipotético país bilingüe escollen o galego. Van tocando o himno español... si, é a santa retranca. Iso a Castelao faino sorrir porque admira a habilidade dos seus compatriotas para armarse con humor no canto de balas. De súpeto a charanga atopa aos nacionais de antes, que os tratan coma delincuentes, moi distinto a como tratan aos que defenden as liberdades citadas. A esta altura Castelao xa está máis que confuso. Bilingüismo, pouco e liberdade menos. Máis adiante está Luz Fandiño, protestando pola brutalidade policial e apelando á memoria histórica. O auditorio de Luz son los del gallego e uns policías nacionais. Luz é unha resistente. Castelao pregúntache onde están a tal hora os políticos e candidatos que predican en galego. Considera que teñen unha débeda con esta muller. Mal lle explicas que nos tempos que corren o discurso en galego non sempre ten detrás un compromiso co país, nin sequera coa cultura. Castelao flipa. Mírate moi serio: entón... o tolo son eu?

(texto escrito para a obertura da revista tempos de marzo)



a miña lingua, os meus dereitos

2009-03-04T12:11:35.789+01:00

(image)

pois eu reclamo o meu dereito a que a miña lingua sexa a lingua da escola do meu fillo, porque el e eu queremos falala, aprendela e empregala en todos os ámbitos da nosa vida. de paso, reclamo o meu dereito a que sexa a lingua na que o meu médico me diagnostique, a lingua na que os policías me poñan as multas e na que me defendan os xuíces e me casen os alcaldes, que sexa a lingua na que me falen as telefonistas, secretarios, subsecretarios, directores xerais, subdirectores, administrativos de diverso tipo, porteiros e todos os funcionarios que me fan facer colas longuísimas. reclamo o meu dereito a que a miña lingua estea na radio, na tele,no cine e no teatro, nos libros, nos carteis e anuncios que se pagan cos meus cartos, que sexa a lingua na que me cobran a auga e o lixo, na que me embargan o coche, na que me notifican un certificado. e, en fin, reclamo o meu dereito de galega a que a lingua do meu país teña, na realidade, os dereitos dos que o castelán goza pola península adiante.
que carallo.



re-cargandose galicia

2009-03-02T00:22:58.173+01:00

a esta altura da noite xa todos saberán que, efectivamente, chegou o momento de que eses señores de azul sigan cargándose o país. manda carallo...

dá medo.

boa noite señores. vou ler poesía, remedio de todos os males.



de onde veñen (realmente) os rapaces?

2009-02-26T11:38:11.490+01:00

(image)
Atopáronse por casualidade, había tanto que non se vían! E na sección de galego daquela horrible librería do centro comercial foron dar un co outro, mira ti, vivindo na mesma cidade e sen sabelo! Así que feliz ano, feliz, e dous bicos,claro que si, e que, como che tratou a vida nestes anos?, pois xa ves, e que sorpresa si,si...pois... que fas por aquí?
E el que estaba coa filla pequena facendo tempo mentres a muller miraba zapatos, e ela que devolvía un best seller que lle trouxeran os reis. E si, aquel pequerrecho que durmía no carriño era fillo dela, chamábase be, e tiña exactamente un mes.

E ti como te chamas? Preguntoulle ela á nena de ollos rasgados que os observaba silenciosa ao tempo que se aferraba á man do pai. Laura, dixo a nena mui baixiño, parapetándose detrás do home. E entón el explícalle que aquela muller é unha amiga de hai muito tempo e que como ela é unha nena grande, que xa ten tres anos, debe portarse educadamente e falarlle alto e claro e sen agocharse.

Chámome laura, volveu repetir a nena. E teño tres anos así, dicía ensinando tres dedos ergueitos da man esquerda. E veño con papá mercar un libro que fale de avións. E lo gústánche os avións? Preguntoulle ela, gústanche? E laura di que si coa cabeza e a vista baixa, e sen mediar palabra algunha vírase cara seu pai e estira os brazos cara o ceo, pedíndolle con ese pequeno xesto que el comprende, que a colla.

E os dous vellos amigos póñense a falar entre eles, deixando que laura e be se miren con curiosidade, laura dende o regazo do pai e o pequeno be dende a cestiña do carro. E como o home pregunta, ela faille un resumo rápido do embarazo, que foi tan bo, que se lle puxo un barrigón enorme que nunca se imaxinaría e que tiveron que saír correndo do teatro para o hospital o día do parto. E cando ela vai preguntar, para saber tamén da vida del, a nena adiántase e abrazando a seu pai, coa súa cabeciña pegada á meixela del, inquire papi, entón este bebé vén dentro da barriga desta señora? Si, dille o home, tíñao aí dentro. E como é que lle cabía aí? Porque daquela era unha barriga grande, grande e o neno era pequeniño, pequeniño... Pero laura non parece mui convencida e volve mirar ao pequeno e despois á nai con expresión de desconfianza. Non o cres laura? Pois ti tamén viñeches de dentro dunha barriga, razoa ela coa nena, e tamén eras pequeniña pequeniña coma un garbanciño e cabías alí dentro.
Laura pénsao un pouco antes de contestar con firme convicción a aquela señora:
Non é tal, eu non vin da barriga de ningunha señora, que vin dentro da barriga dun avión e papá e mamá recolléronme no aeroporto... verdade papá?
Claro que si, díxolle o home, e viñas dun país moi moi distante, onde as amendoeiras se enchen de flor cando chega a primavera.



a escolla

2009-02-14T17:43:09.961+01:00

aquí vos queda o relato que aparece hoxe no xornal de galicia con motivo do inicio da campaña. ou sexa que debe ser un relato electoral ou un relato de campaña ;) agardo que vos guste. Dáme igualIso non vale, tes que escoller un.Pero é que me dá igual! Tanto che me ten un coma outro!Pois se tanto che ten escolle un calquera, pero escolle un!Pero é que non sei cal escoller! Mellor dáme ti o que queiras e xa acabamos...Boh! A ti non hai quen te entenda, Samuel. -Óscar comezaba a perder a paciencia. Aínda así, mantiña estirada a man na que sostiña dous cartóns con candanseu futbolista retratado e agardaba a que o seu amigo tomase un. Pero a Samuel tanto lle tiña. Non é que non quixese ningún dos dous xogadores, é só que tanto lle daba cal lle tocase. Os cromos apostáranos nunha pachanga e fora Samuel quen gañara o dereito de escoller un dos de Óscar, pero o caso é que non escollía nada. Óscar non o entendía. A el non lle cabía dúbida ningunha; Estévez era mil veces mellor ca Roca... mimá, non había color! E por iso a actitude de Samuel lle resultaba incomprensible. Tanto me dá, de verdade, volvía repetir o seu amigo. E sobra dicir que Estévez era máis difícil de conseguir, porque, non nos enganemos, ninguén o quería cambiar por nada do mundo, nin que lle ofreceras dous ou tres por el. O que o conseguía gardábao coma o trigo da semente. E Óscar tiña a certeza de que Samuel debía saber isto, era imposible que non o soubese porque non se falaba doutra cousa no recreo...por deus, se Estévez fora pichichi dous anos seguidos!E no fondo Óscar non tiña ningunha gana de desfacerse dese cromo, e agardaba que Samuel escollese o de Roca, que, sinceramente, era un paquete de moito coidado, un xogador que estivera de moda uns anos atrás a conta duns anuncios de tenis pero que a ninguén lle interesaba xa. Ata seu pai, incondicional do equipo no que o deportista era titular, dicía que Roca só era bo para ir buscar a morte, porque seguro que se perdía no camiño de volta. Así que Óscar supoñía que debía darlle o de Estévez, porque ao fin e ao cabo eles dous eran amigos de toda a vida e curmáns, que se criaran xuntos, metido un na casa do outro, sen que nunca importase que el fose case un ano máis vello ca Samuel... e por iso pensaba que debía darlle o de Estevez, pois o contrario sería... sería como enganalo. Queres o de Estevez? E Samuel veña a porfiar Dáme igual, dáme igual... Que traballo lle custaba escoller? Se lle dixera si, quéroo, quero ese, pois el daríallo sen pensalo, porque lle quería ben, porque eran coma unlla e carne, era o irmán que el tiña. Pero a súa indiferenza poñíao nunha situación difícil porque Estevez era un cromo dos bos, Na escola mesmo había quen dicía que dese se facían menos exemplares ca dos outros. E ata seu pai, que nin sequera era dese equipo, dicía que Estévez era moi mítico, un xogador dos de verdade, un animal!Despois duns minutos Óscar ergueu a vista e mirou aos ollos ao compañeiro.Toma este. É o mellor, sabes? É un xogador de categoría, unha máquina. Samuel colleuno cun sorriso e os dous rapaces quedaron na rúa un anaco, sen dicírense nada, mirando cadanseu cromo coa vista fixa. O sol deslizábase sobre a parede na que se recostaban, deformando as súas siluetas. Sobre as súas cabezas os candidatos á presidencia prometían un futuro mellor para o país. Vota por ti, leu Samuel antes de marchar con Roca na man. O home que pegaba os carteis da oposición mirounos brevemente e continuou coa súa labor. A noite xa caera.[...]



amigos e poetas residentes en...

2009-02-06T13:17:12.245+01:00

(image)

igor lugrís e eduardo estevez convídannos esta mesma tarde á inauguración da exposición conxunta que permanecerá ata o 28 de febreiro na galería sargadelos de ferrol. igor leva os seus poemas+collages poesía para ler/poesía para ver, mentres que eduardo presenta ao mundo as fotografías do seu proxecto os veos da paisaxe. non sei se haberá pinchiños, o cal era de rigor, pero haberá dous poetas caralludos e inquedos deses que sempre lle andan dando á cabeza. así que a cousa promete. vaian aló, se poden, e envíenlles os meus parabéns.

non, lamentablemmente tampouco iremos á homenaxe a ferrín -dios...agardo que a providencia saiba perdonarme ese delito.- é que mallou comeza a estrañar ao pequeno de mallou.



mamá

2009-01-30T09:40:20.388+01:00

saiban desculpar estas longas semanas de ausencia, días frenéticos, emocionados e con muita falta de sono nos que nos concentramos en afacernos á nosa vida co pequeno de mallou. saiban tamén que finalmente naceu puntual (o día dez de decembro, tal e como anunciara a xinecoloxía) e con traballo. e que é o neno máis lindo do mundo ;) ademasi de un tragón regordete e moi boíño.
e que tal vez xa estamos preparados para volver escribir de cando en vez neste caderniño dixital que tanta compaña nos fai...
agardo que sigan aí, dese outro lado da pantalla.
agora voume concentrar en velo durmir empaquetado nas súas mantas peludiñas... que pracer tan grande debe ser ese!

;)



ubi sunt?

2008-12-03T12:58:07.592+01:00

non estamos aquí porque andamos por estas terras esperando a que a vida nos chame a este sitio.
mui mui mui nerviosos!!! e facendo a última ronda de apostas. se queren poden participar. a data oficial é o d10 (dez de decembro), pero hai opinións para todos os gustos...

informarémolos.
entrementres, apertas!



correrías poéticas play!

2008-11-22T12:27:14.735+01:00

tal vez sexa porque o día está gris, outonal e silencioso nesta cidade do sur, ou tal vez sexa simplemente que me desvelei ás oito da mañá e non tiña que facer, pero a parte lado de aldao+lado estraña máis ca nunca ir por aí ler e divertirse coa parte aldao. así que estivo facendo revisionado de clásicos e atopouse co segundo capítulo dunha serie de videos que nalgún tempo demos en chamar correrías poéticas e que recollen exactamente iso que o seu nome di.
na súa maioría, son videos gravados cunha cámara de fotos -que ninguén se faga ilusións de grandes filmes- pero ilustran momentos deses que, mentres suceden, semellan gloriosos e históricos malia que despois a historia ten cousas máis importantes que arquivar.
este que aquí queda era ademais unha débeda que tiña coas xentes da asociación axvalso de vimianzo, porque hai séculos que lles dixen que o subiría á rede e, mira ti, fixo falta unha noite de insomnio...

aí estamos, en abril do 2007 na vila de corme. música de igmig e outros espontáneos no bar lao e poesía para a tarde do domingo na lonxa. entre os poetas david creus, estevo creus, suso bahamonde, o convidado alemán chris werthman e unhas servidoras.

e estreando sitio en vimeo ;) xa lles contarei que tal nos vai por alí.


(object) (embed)
correrías poéticas aldao+lado. xarabal do roncudo 07 from mariademallou on Vimeo.



outro capítulo no podmallou

2008-11-17T11:25:50.404+01:00

(image)

aí o está. xa poden escoitar a música e a voz do capítulo chamado homes e máquinas, terceiro da serie titulada (escolla a opción que máis lle guste):

a. crónicas da barrigha (lua neghra)
b. extrabarrigha (from hell)
c. trapos partos repartos e apertas! (dorfun)
d. contos extrarrabeados (ex traño)
e. extrarradiacións (ex traño)
f. arquivos barrighudos (ex traño)
g. imprescindimbeis (ex traño)
h. escritos a gritos (ex traño)
i. conexión coa realidá (ex traño)
k. barrighatlántica (xabier x xardón)

postpost: a imaxe é da pasada semana. cuqui e be xa se entenden de marabilla e á barrighiña quédalle xa mui pouco!!!



seis

2008-11-13T20:09:07.225+01:00

era mércores e invernaba frío de máis en compostela. viviamos nun ático grande que todas as visitas envexaban pero no que as treboadas aniñaban coma as persistentes gaivotas nos tellados. eu estrañaba a casa da costa, vivir o inverno coma na infancia, agardando por ese temporal que, coma conta miña nai ao outro lado do teléfono, agardan para a fin de semana.
era mércores, e invernaba, e eu preparaba as maletas para un congreso no monacal mondoñedo. e mentres miña nai e eu nos despedíamos por teléfono o barco a 28 millas de fisterra. recollíamos a cociña e aínda non o sabíamos, o do barco, que o temporal o batería, que había de partir, que todos haberiamos de partir un pouco e que despois viría a mentira e a dor e as mareas de xente e a rabia. e todo iso que acabou metido en nós. acabou meténdose no noso envexado ático, e na nosa vida, e nos nosos libros, e nos nosos poemas, e ata na música que escoitábamos e nos abrazos.
era mércores e tamén era o primeiro día dos días máis escuros que vivimos.
e van aló seis anos e segue o barco en nós.



búscase título

2008-11-08T15:06:09.817+01:00

na casatlantica andamos fedellando con isto para que poidan seguir dende aquí iso que facemos no extrarradio cada domingo, máis concretamente, para que poidan escoitalo na columna esa que lles queda á man dereita. e aínda estamos en fase de probas, aviso. dígoo por se ven aparecer e desaparecer cousas misteriosamente (como, por exemplo o trailer dos crebinsky, que foi chegar o reproductor de audio e desaparecer o do you tube!)

misterios dixitais á marxe, aí teñen xa, por se o queren oír, o segundo capítulo da aventura, titulado barrighas. por certo, buscamos título tamén para o invento ese dos domingos e...creánme se lles digo que non damos con nada xeitoso e é por iso que abrimos convocatoria pública para resolver esa cuestión. así que, se teñen algunha idea, poden anotala nos comentarios. prometemos quedar eternamente agradecidos e mesmo enviar pequeno, pero bonito obsequio ao mellor titulista que por aquí pare.

;)

ben...dito isto, volvo ás liñas de html.. uf

(si, seguimos amando a tecnoloxía...pero ás veces é dificil de entender de carallo)



agradando polos crebinsky

2008-11-05T11:06:44.059+01:00

nestes días que arrefrían están os dous irmáns crebinsky apurando a rodaxe da súa aventura en longo e dende o sur máis soleado estamos xa co corazón nun puño e a ansia saíndonos pola boca de ganas que temos de ver este flim que saiu da cabeza de xentes ás que admiramos muito e que dirixe o gran quique otero.  

(object) (embed)
pra facer as ganas de ir velo...o trailer!



play: unha folla de verdura

2008-11-01T11:22:16.804+01:00

xa poden escuitar a nosa primeira aventura no extrarradio dándolle ao play de aí abaixo!! o título dela era unha folla de verdura. a música debémoslla a mig seoane e a inspiración ao pequeno be.
e para os que nos queiran escoitar actualizados, esta semana tócanos o quinto capítulo, xa saben, a golpe de domingo, despois do informativo das once da mañá.
aínda que, se vostede é dos que non chegan a domingo con tanta lucidez como para iso, non se preocupe, iremos subíndoos á rede pouco a pouco...
ais, como amamos a tecnoloxía.
;)


(embed)


(image) (image)



sylvia na revista das letras

2008-10-30T12:18:26.266+01:00

na última revista das letras poderán atopar unha ducia de poemas de sylvia traducidos ao galego por xoán. que os gocen mentres o día escurece e se pecha de augas. 
son a lectura tal para este outono que por fin entra

;)